Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta publicidade. Amosar todas as publicacións

TRABALLAMOS o uso da lingua galega NO XORNAL














Durante o primeiro trimestre traballamos o uso da lingua galega nun  xornal  xeneralista para evidenciar a falta de emprego da nosa lingua en calquera tipo de noticia. E moito máis se se trata dunha nova de maior importancia. Daquela non aparece en novas de actualidade, e só nalgunhas de temática cultural e, en poucas ocasión, nas de deporte local. 

No tocante á publicidade  atopamos o uso de galego na publicidade institucional e moi, escasamente, na outra. Este traballo de campo está moi relacionado coa noticia que sae hoxe mesmo, cuxo titular é: "A lingua galega, por detrás do inglés e do castelán para directivos de empresas do país"

No humor contamos con seccións fixas en lingua galega como as de Xaquín Marín que nos aledan a vida.

Co resultado deste traballo realizamos unha exposición no taboleiro do EDLG do noso corredor.


Neste segundo trimestre traballaremos as noticias que teñen que ver coa muller en xeral, e con todo tipo de prexuízos que lle poidan afectar.

Alumna premiada coa publicación do seu lema.


"QUE NOS DÍAS DE FESTA ESPERTEMOS CO SON DAS GAITAS"


Este é o lema co que a nosa alumna, María José Bouzada, de 2º de bacharelato foi premiada en Reserva Natural das cousas boas da empresa Larsa.

Os nosos parabéns á súa creatividade e ó acerto desta iniciativa, que a converte en protagonista dos cartóns de leite que nos levamos á casa.


 

Anuncio polémico no aniversario dos 300 anos da RAE



A RAE está a celebrar o aniversario dos seus 300 anos de existencia. A mágoa é que se escollese este anuncio para conmemorar esta celebración. De feito varias asociacións de mulleres, entre elas a Federación de Mulleres Progresistas, xa lle pediron á RAE a súa retirada por continuar a reproducir estereotipos sexistas sobre a muller.  Estas mesmas asociacións lembran  a pouca igualdade que se promove desde esta institución, o moi inferior número de mulleres académicas fronte ós homes, xa non só ó longo da historia, senón tamén a día de hoxe.