A Concellería de Cultura convoca un concurso de 'hashtags' para promocionar o "II Concerto pola Lingua"
O departamento de Cultura acaba de poñer en marcha un concurso de hashtags co obxetivo de fomentar e dinamizar o uso da lingua galega entre os rapaces e promocionar o"II Concerto pola Lingua", organizado polo Concello de Sanxenxo e que terá lugar en Portonovo o próximo 16 de setembro e contará coa presenza de dous grupos galegos PELEPAU e RUXE RUXE.
Esta iniciativa está orientada ó alumnado da ESO, bacharelato e ciclos formativos matriculados nos centros educativos do municipio que deberán entregar o seu hashtag ó profesorado do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no centro no que estea matriculado. O hashtags deberán estar en galego e non poderán conter estereotipos sexistas.
O premio é unha tableta Samsung Galaxy Tab A 10"
O premio é unha tableta Samsung Galaxy Tab A 10"
O prazo de entrega finaliza é o día 14 de xuño.
Aí vos quedan 10 recomendacións para crear bos "hashtags" (cancelos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario