O noso club na X Xornada dos Clubs de Lectura





 Este pasado sábado, 17 de maio, unha representación de clubeir@s do  noso club de lectura que se chama A PRAIA DAS PALABRAS chegou disposto a SOMERXERSE!!! nas moreas de actividades e obradoiros que lles tiñan preparado desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares. Comezamos a mañá entregándolle o Premio dos Clubs de Lectura 2017 a Miguelanxo Prado. 


Continuamos co relatorio inaugural a cargo de Óscar López do Programa Página Dos, que rodeado de rapazada de distintos clubs de lectura explicounos coa axuda do cámara como facer reportaxes en vídeo sobre libros. Para iso contou tamén coa axuda da booktubeira, Violeta Moon e da escritora Ledicia Costas, á quen unha das clubeiras lle fixo unha minientrevista en directo. 


A seguir, @s nos@s clubeir@s asistiron ós respectivos obradoiros e charlas: obradoiro de cómic con Xosé Tomás e encontros con autores de "Literatura de viaxes" con Andrea Maceiras, Rosa Aneiros moderado por Montse Pena Presas; mesa de autores/autoras sobre as "Claves literarias para tres voces de éxito" con Antón Riveiro Coello, Ledicia Costas, Pedro Feijóo moderada por Ramón Nicolás; encontro con Marcos Calveiro e mesa de autores e autoras  novos "Botarse a escribir"con Berta Dávila, Rosalía Fernández Rial e  Tamara Andrés  moderada por Francisco Castro.


Pola tarde contabamos coa presenza do escritor, César Mallorquí, que nos engaiolou co seu "Eloxio á mala literatura", explicándonos que o de ler é o vicio máis san que existe. 


Non faltou un momento para estar  eles, en primeira liña, a pedirlle un autógrafo.









O peche da Xornada correu a cargo do pandereteiro, Xabier Díaz, e as Adufeiras do Salitre e foi un final de festa en todo o sentido literal da palabra, xa que non faltaron cantos e bailes dos asistentes para animalo.



Podes atopar máis fotos e minivídeos desta actividade na seguinte ligazón: https://goo.gl/photos/e3ffbAT8aLsMgy6h7

Ningún comentario:

Publicar un comentario