Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8 de marzo. Amosar todas as publicacións

8 de marzo

A comunidade educativa do IES de Vilalonga levou a cabo unha serie de actividades ao longo do trimestre con motivo do Día Internacional da Muller. 

A meirande parte delas foron expostas ao público nestes últimos días, especialmente o día da propia conmemoración, no que se acompañou da lectura do Manifesto do Día Internacional da Muller.  

Nada máis acceder ás instalacións do primeiro edificio colocouse a exposición fotográfica "Desenfocando a Automoción", elaborado polo alumnado de 2º curso dos Ciclos de Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos e Servizos Administrativos, guiados polas súas profesoras de Ámbito Socio-lingüístico Patricia Díaz e Gala Puy. O obxectivo é visibilizar a escasa presenza de mulleres en determinados ciclos e oficios, neste caso a automoción. A situación neste eido académico-laboral é sangrante, contando unicamente con 4 alumnas dun total de 81.

     

A exposición prolóngase polo lateral exterior da Biblioteca, onde se colocaron diferentes fotografías das alumnas destes ciclos.

      

Casualmente, dúas delas son nai e filla, que recentemente saíron en diferentes medios de comunicación: 

A profesora do Departamento de Artes Plásticas, Alba Piñeiro, realizou co seu alumnado da ESO unha grilanda e un mural con motivo deste día, que se colocaron en diferentes puntos do centro.   





     

O Grupo de Igualdade, coa súa profesora Patricia Díaz, elaboraron distintos materiais que colocaron por todo o centro: 
  • Varios murais reivindicativos

  • Imaxes con lemas feministas na pantalla do edificio 1
     

  • Unha comparativa entre as rúas de Sanxenxo dedicadas a homes a mulleres respectivamente, onde se pode ver o claro sesgo de xénero e un cartel sobre as diferentes dimensións da violencia. 
  

8 de marzo Día da Muller


Recordamos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, con distintas actividades. Os días anteriores a Biblioteca preparou unha exposición sobre mulleres importantes na historia  en diferentes campos : matemáticas, astronomía, física, filosofía, etc. empregamos para a mesma unha serie de carteis enviados pola Xunta de Galicia.


Un grupo de alumn@s de 2º de bachiller e profesoras fixeron pancartas con lemas relacionados con este evento e lazos morados para a comunidade escolar:


Na pantalla da entrada do Edificio 1 proxectamos vídeos sobre igualdade, enviados pola Xunta de Galicia e outras institucións: Ministerio de Educación, Centros escolares, etc.


O día 8 de marzo fixemos unha concentración na entrada do IES a favor da igualdade de xénero, durante a mesma lemos un manifesto sobre as peticións dos diferentes colectivos neste día (sindicatos, partidos políticos, asociacións feministas, etc.)


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER





As mulleres, día a día, fan historia, xa é tempo de que empecen a ser protagonistas.
Deixamos aquí a nosa modesta homenaxe.

Día da muller traballadora - 8 de marzo

Fotografía de redeiras de Muros realizada por Moncho Piñeiro.

Opinións de seis alumnas de Bacharelato que están hoxe ás 09:50 na biblioteca:

1 - Paréceme ben que se celebre porque na actualidade hai moita desigualdade entre os homes e as mulleres no mundo laboral.

2 - Non sei moi ben o que quere dicir.

3 - Paréceme mal que se celebre porque se queres igualdade non debes celebrar un día da muller traballadora porque non hai un día para o home traballador.

4 - Non significa nada para min.

5 - Paréceme ben porque ademais así tamén se lle recoñece o traballo ás amas de casa.

6 - A min paréceme ben que se recoñeza o traballo que fan as mulleres que ademais traballan dobremente.

E a ti que che parece?
Deixa o teu comentario.