A comunidade educativa do IES de Vilalonga levou a cabo unha serie de actividades ao longo do trimestre con motivo do Día Internacional da Muller.
A meirande parte delas foron expostas ao público nestes últimos días, especialmente o día da propia conmemoración, no que se acompañou da lectura do Manifesto do Día Internacional da Muller.
Nada máis acceder ás instalacións do primeiro edificio colocouse a exposición fotográfica "Desenfocando a Automoción", elaborado polo alumnado de 2º curso dos Ciclos de Formación Profesional Básica de Mantemento de Vehículos e Servizos Administrativos, guiados polas súas profesoras de Ámbito Socio-lingüístico Patricia Díaz e Gala Puy. O obxectivo é visibilizar a escasa presenza de mulleres en determinados ciclos e oficios, neste caso a automoción. A situación neste eido académico-laboral é sangrante, contando unicamente con 4 alumnas dun total de 81.
A exposición prolóngase polo lateral exterior da Biblioteca, onde se colocaron diferentes fotografías das alumnas destes ciclos.
Casualmente, dúas delas son nai e filla, que recentemente saíron en diferentes medios de comunicación:
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2022/03/08/carmen-quiere-trabajar-itv-yanire-taller-chapa-pintura/0003_202203A8C3991.htm
- https://www.farodevigo.es/arousa/2022/03/08/madre-hija-motores-63549527.html
- Varios murais reivindicativos
- Imaxes con lemas feministas na pantalla do edificio 1
Ningún comentario:
Publicar un comentario