Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da muller. Amosar todas as publicacións

8 de marzo Día da Muller


Recordamos o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, con distintas actividades. Os días anteriores a Biblioteca preparou unha exposición sobre mulleres importantes na historia  en diferentes campos : matemáticas, astronomía, física, filosofía, etc. empregamos para a mesma unha serie de carteis enviados pola Xunta de Galicia.


Un grupo de alumn@s de 2º de bachiller e profesoras fixeron pancartas con lemas relacionados con este evento e lazos morados para a comunidade escolar:


Na pantalla da entrada do Edificio 1 proxectamos vídeos sobre igualdade, enviados pola Xunta de Galicia e outras institucións: Ministerio de Educación, Centros escolares, etc.


O día 8 de marzo fixemos unha concentración na entrada do IES a favor da igualdade de xénero, durante a mesma lemos un manifesto sobre as peticións dos diferentes colectivos neste día (sindicatos, partidos políticos, asociacións feministas, etc.)


8M DÍA DA MULLER 2017



"Hoxe é o Día da Muller.

Ó longo da historia, varios pensadores, humanos e divinos, todos machos, ocupáronse da muller, por diversas razóns:

  • Pola súa anatomía
    • Aristóteles: "A muller é un home incompleto"
    • Santo Tomás de Aquino: "A muller é un erro da natureza, nace dun esperma en mal estado"
    • Martín Lutero: "Os homes teñen ombros anchos e cadeiras estreitas. Están dotados de intelixencia. As mulleres teñen ombros estreitos e cadeiras anchas, para ter fillos e quedarse na casa"
  • Pola súa natureza
    • Francisco de Quevedo: "As galiñas poñen ovos e as mulleres, cornos"
    • San Juan Damasceno: "A muller é unha burra tozuda"
    • Arthur Schopenhauer: "A muller é un animal de pelo longo e pensamento curto"
  • Polo seu destino
    • Dixo Yahvé á muller, segundo a Biblia: "O teu home dominarate"
    • Dixo Alá a Mahoma, segundo o Corán:"As boas mulleres son obedientes"
Do libro Mujeres de EDUARDO GALEANO

Irena Sendler : O anxo do gueto de Varsovia.


   (Varsovia, 15 de febreiro de 1910 - Varsovia, 12 de maio de 2008), coñecida como «O Anxo do Gueto de Varsovia», foi unha enfermeira e traballadora social polaca católica, que durante a Segunda Guerra Mundial axudou e salvou a máis de dous mil cincocentos nenos xudeus practicamente condenados a ser vítimas do Holocausto, arriscando a súa propia vida.

   Cando Alemaña invadiu o país en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de Benestar Social de Varsovia, o cal levaba os comedores comunitarios da cidade. Alí traballou incansablemente para aliviar o sufrimento de miles de persoas tanto xudías como católicas. Grazas a ela, estes comedores non só proporcionaban comida para orfos, anciáns e pobres senón que ademais entregaban roupa, medicamentos e diñeiro.

En 1942 os nazis crearon un gueto en Varsovia, e Irena, arrepiada polas condicións en que se vivía alí, uniuse ao Consello para a Axuda aos Xudeus, Zegota. Os nazis souberon das súas actividades. O 20 de outubro de 1943, Irena Sendler foi detida pola Gestapo e levada á infame prisión de Pawiak, onde foi brutalmente torturada.

 Condenada á morte, Irena historiaybiografias.com  puido escapar da prisión grazas a un soldado,quen a axudou, e o seu nome foi apuntado na lista de executados. Ata o fin da guerra, continuou co seu labor baixo un nome falso.

"Só fixen o que había que facer, debín salvar a máis"



Enlaces: https://es.wikipedia.org/wiki/Irena_Sendler, www.mujeresenlahistoria.com/.
 historiaybiografias.com 


O día da muller

O 8 de marzo celébrase o Día internacional da Muller para recordarnos a todos e a todas que, desgraciadamente, en moitas sociedades, aínda non existe igualdade entre homes e mulleres. Se queredes saber algo máis sobre sociedades diferentes á nosa podedes ler este interesante artigo sobre o matriarcado.

En épocas distintas e países distintos moitas mulleres loitaron e seguen a loitar para  facer cousas, expresar as súas ideas e aportar melloras  a  pesares das dificultades coas que se atopan. Houbo e hai de todo: filósofas, científicas, escritoras, espías, guerreiras... Se queredes queredes botar unha ollada premede sobre as mulleres na historia.

A RTVE.es pon á vosa disposición unha colección de documentais en vídeo, cada un centrado nunha heroína para recuperar as súas fazañas. Son  mulleres que "Fueron libres, independientes y avanzadas para la época que les tocó vivir. La vida de estas mujeres tiene un denominador común, lucharon para conseguir lo que querían". Podedes atopar varias galegas como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal pero tamén Clara Campoamor (que loitou polo dereito ó voto das mulleres) e moitas mulleres mais.

Aquí vos deixo unha emisión que non ten desperdicio: El machismo que no se ve



e uns debuxos animados para reflexionar


Dende a Biblioteca queremos lanzar a mensaxe que o día da muller no é só o 8 de marzo, senón todos e cada un dos días do ano.
Moitas mulleres traballan duramente día a día como queda reflexado na exposición "A muller e o mar" realizada pola profesora Teresa Moure do IES Chan do Monte de O Grove que está actualmente no corredor do instituto. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.