¡MISIÓN CUMPLIDA!
Que farías se un virus descoñecido ameazara con borrar por completa a nosa capacidade pensar?
Iso foi o que ocorreu hoxe no noso IES. Pero, tranquilos, o alumnado do IES de Vilalonga puido atopar o antídoto.
Para celebrar o Día das Bibliotecas, que se conmemora todos os 24 de outubro, a nosa Biblioteca converteuse nunha zona de conrentena e resolución de enigmas.
Organizados por equipos, o alumnado aceptou un reto contra o reloxio:
atopar o antídoto definitivo para desactivar o virus da ignorancia.
🔍 En que consistía a misión?
Para dar co antídoto, non servía calquera busca en internet. Tiveron que converterse en verdadeiros detectives da información e enfrontarse a varios desafíos:
Descifrar a CDU (Clasificación Decimal Universal): Traducir códigos numéricos para saber en que andel se escondía parte da fórmula.
Rastrear libros clave: Localizar dentro da Biblioteca diferentes libros, unicamente co título e autor, dentro dos que atoparían outra parte das pistas.
Ordear correctamente o antídoto: Unha vez atopadas todas as palabras, ordear a oración que, pronunciada en voz alta, aniquilaría para sempre o virus.
🧠 Traballo en equipo e lóxica ao rescate
O ambiente na biblioteca foi incrible. Houbo carreiras entre andeis, traballo en equipo, debates exprés e, sobre todo, moita concentración. Cada libro atopado restaba minutos á propagación do virus e achegaba os grupos á solución final.
Ao final, grazas á axilidade, á intuición e ao bo uso dos recursos da nosa biblioteca, todos os equipos conseguiron desactivar o virus a tempo!
📚 As bibliotecas: o noso mellor antivirus
Esta actividade lembrounos algo fundamental: nun mundo cheo de desinformación, saber buscar, investigar e pensar por un mesmo é o mellor antídoto posible. E para iso, a biblioteca do instituto sempre será o noso mellor refuxio.
Pásate pola biblioteca esta semana, bota unha ollada ás novidades e lembra que as portas (e os libros) sempre están abertos para ti!






Ningún comentario:
Publicar un comentario