Fo faleceu o
pasado mércores no hospital de Milán, onde se encontraba ingresado desde facía
uns días por problemas respiratorios, e deixou escrito cómo quería o seu
funeral: que soase a canción Stringimi forte i polsi
dentro le mani tue que escribió para Franca Rame (a súa muller).
Darío Fo
Estudou
pintura e arquitectura na Academia de Belas Artes de Brera en Milán onde comezou a súa
carreira teatral como actor e escritor de obras teatrais satíricas. En 1954 casouse coa actriz Franca Rame, con quen fundou en 1959 a compañía teatral «Dario Fo - Franca
Rame» na que montaron numerosos espectáculos na liña da Comedia da arte (Commedia dell'Arte), froito dese
matrimonio naceu o seu fillo Jacopo, tamén actor, escritor y dramaturgo.
Situado no
entorno da esquerda política italiana, Fo escribiu ácidas sátiras políticas
arremetendo sen piedade contra o poder político, o capitalismo, a mafia e o Vaticano.
Entre
as súas obras máis coñecidas se citan Morte accidental dun anarquista(1970) e aquí non paga ninguén (1974).
En 1997
recibiu o Premio Nobel de Literatura. En 2002 publicou a súa autobiografía: O país dos morcegos.
Ata sempre, a túa obra seguirá entreténdonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario