Santiago
Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo fixéronse cos Premios Xerais 2017 nun acto celebrado na illa de San
Simón, na ría de Vigo. A XXXIV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil,
dotado con 10.000 euros, recaeu en María Canosa (Cee, 1978) con Muriel, que foi
elixida polos membros do xurado entre 35 obras.
Canosa
é licenciada en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos aínda que leva moito anos
dedicándose á literatura. Columnista e colaboradora en varios medios de
comunicación, conta cunha ampla obra de narrativa infantil e xuvenil. Muriel
naceu, segundo a súa propia autora, de "a necesidade de dar voz á simpleza
e complexidade simultánea de espir os sentimentos" a través dunha historia
na que "a amizade e unha simple botella de leite" une aos
protagonistas que pasan polas páxinas deste libro.
O catedrático de Lingua Galega Manuel Lourenzo (Vilaboa, 1955) recibiu o
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil na súa novena edición pola súa obra
Ceiba de luz. Lourenzo publicou a súa primeira obra en 1991 e ao longo destes
anos recibiu numerosos galardóns como o Premio Carvalho Calero, o Premio Café
Dublín, o Merlín ou o Branco Amor de Novela.
Por
último, o xurado da XXXIV edición do Premio Xerais de Novela --dotado, do mesmo
xeito que os outros dous galardóns con 10.000 euros-- seleccionou a obra A arte
de trobar do profesor de francés Santiago Lopo. Lopo (Vigo, 1974) iniciouse na
literatura coa tradución de guións cinematográficos en inglés para televisión.
Tras isto, publicou na revísta Unión Libre e xa escribiu un total de cinco
novelas -Game Over, Peaxes, Hora Zulú, A diagonal dúas tolos e A voz das
Nereidas-. A novela A arte de trobar ambiéntase no século XIII e ten o Camiño
de Santiago como fío condutor.
https://elpais.com › Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario