O premio recaeu no ICAN (Campaña Internacional para abolir as armas nucleares) que se esforzou por estigmatizar, prohibir e eliminar as armas nucleares.
Esta coalición de asociacións que se estende por uns cen países foi unha
forza motriz e un actor líder da sociedade civil do movemento contra as armas
nucleares e sumou esforzos para estigmatizar, prohibir e eliminar este
tipo de armamento, apunta a argumentación do premio.
O Comité subliñou, como importante argumento para a prohibición das armas, o
inaceptable sufrimento humano que provocan e destacou que outros tipos de
armamento menos destrutivo como as minas antipersonas, bombas de acio e as
armas químicas e biolóxicas xa foron prohibidas por distintos tratados.
O galardón chega no medio de tensións entre Estados Unidos e
Corea do Norte polas súas probas nucleares e as críticas de Trump ao acordo con
Irán
Ningún comentario:
Publicar un comentario