Xa temos na biblioteca escolar a tradución de Pippi Mediaslongas.
Todas as traducións á lingua galega son ben recibidas, pero esta, en concreto, é máis que aplaudida, porque o personaxe de Pippi forma parte do imaxinario colectivo de varias xeracións, nas cales era difícil atopármonos cunha heroína que se enfrontaba á vida totalmente soa, posto que non tiña pais e vivía na compaña dun macaco, o señor Nilsson, e un cabalo.
A maneira de actuar de Pippi rompía con todos os estereotipos sobre a infancia. E facía que ese personaxe extrovertido, descarado e irreverente coas persoas maiores fose algo completamente insólito para os que daquela a coñecimos a través dun afamada serie infantil cando eramos pequenos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario