Amosando publicacións coa etiqueta TRADUCIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRADUCIÓN. Amosar todas as publicacións

PIPPI MEDIASLONGAS.

Foto de Kalandraka Galicia.
Xa temos na biblioteca escolar a tradución de Pippi  Mediaslongas.

Todas as traducións á lingua galega son ben recibidas, pero esta, en concreto, é máis que aplaudida, porque o personaxe de Pippi forma parte do imaxinario colectivo de varias xeracións, nas cales era difícil atopármonos cunha  heroína  que se enfrontaba á vida totalmente soa, posto que non tiña pais e vivía na compaña dun macaco, o señor Nilsson, e un cabalo.

A  maneira de actuar de Pippi rompía con todos os estereotipos sobre a infancia. E facía que ese personaxe extrovertido, descarado e irreverente coas persoas maiores fose algo completamente insólito para os que daquela  a coñecimos a través dun afamada serie infantil cando eramos pequenos.

"MOCIDADE" de J. M. Coetzee

De J.M. COETZEE, o Premio Nobel que escribiu "Deshonra", na que se basea a película deste tráiler:


 

Ides ter tamén a posibilidade de ler: "MOCIDADE." Publicada  en galego pola editorial Rinoceronte. Unha novela que forma parte dunha triloxía autobiográfica, que é unha das novidades que atoparedes este outono na nosa biblioteca e da cal podedes escoitar a crítica neste enderezo do Diario Cultural da RTVG:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-24-09-2013-668038