Antonio Manuel García Teijeiro (Vigo, 1952) súmase á nómina de escritores galegos premiados co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL , o que é unha mostra máis da vizosidade da nosa literatura. Este autor ten unha contribución moi variada á literatura infantil. Neste caso o libro premiado é un poemario: "Poemar o mar", que forma parte dunha triloxía composta tamén por «En la cuna del mar» e «Palabras do mar». Estas tres obras teñen o mar como principal protagonista. Xan López Domínguez ilustra a obra pola que García Teijeiro foi galardoado con este premio.
PREMIOS NACIONAIS DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL destes últimos anos. Para seguir a ler máis información sobre esta nova preme esta ligazón da revista Babar. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario