Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actualidade. Amosar todas as publicacións

Recollida solidaria de tapóns para Nahir

Solidarizándonos con Nahir (unha nena de 5 anos con parálise cerebral infantil con tetraparesia discinética) e a súa familia imos participar na recollida de tapóns de plástico para axudar a esta nena a acceder a un tratamento que melloraría a súa calidade de vida. 
O contedor  está no vestíbulo do instituto ao lado de conserxería e se vos interesa podedes saber algo máis acerca do seu problema pinchando neste enlace .

Exposición CASTELAO ARTISTA no museo de Pontevedra

 A exposición  reúne preto dun cento de obras de gran formato  da  primeira etapa do artista entre 1905 e 1920, todas elas conservadas en Galicia.
Os debuxos do Álbum Nós que marcaron un antes e un despois na obra de Castelao tamén se poden ver na exposición que foi inaugurada o Día das Artes Galegas ( a Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea este ano a Castelao ) e que estará aberta ata o 5 de xuño.

Fotografía do Diario de Pontevedra

A partir do 9 de abril podedes disfrutar de visitas didácticas os mércores e os sábados ás 19h. Para mais información podedes visitar a web do museo.

OS REFUXIADOS


O mércores 16 de decembro tivo lugar no salón de actos do IES de Vilalonga unha charla para os alumnos de 1º e 2º de bacharelato. O tema elixido foi: "As migracións voluntarias e forzosas". A conferenciante foi unha representante de Cáritas, pertencente a Diócese de Santiago.

É un tema de actualidade e os alumnos participaron  activamente coas súas preguntas e suxestións.