Amosando publicacións coa etiqueta regueifa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta regueifa. Amosar todas as publicacións

I CERTAME DE REGUEIFAS CONCELLO DE SANXENXO

O alumnado de 2º ESO do IES de Vilalonga participou o pasado 11 de abril, xunto con compañeiras e compañeiros do IES de Sanxenxo e o Colexio Abrente, no I Certame de Regueifas do Concello de Sanxenxo que tivo lugar no Auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán.
Ao encontro asistiron ademais os regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira que guiaron esta xornada de lingua, cultura e convivencia entre o alumnado dos tres centros educativos de Sanxenxo.






Algúns enlaces de interese sobre este encontro:



AS REGUEIFAS NO IES DE VILALONGA



O venres 5 de abril tivo lugar na biblioteca do IES de Vilalonga o primeiro dos dous obradoiros de regueifas dirixido a alumnado de 2ºESO. Nesta ocasión contamos coa presenza da regueifeira Lupe Blanco, quen ademais de inicialos na teoría da composición deste tipo de textos, axudou a que improvisaran e crearan as súas primeiras regueifas.
O alumnado quedou moi satisfeito desta experiencia e xa están pensando no que van facer o vindeiro martes 9 de abril con Lupe, que nesta ocasión virá acompañada de Josiño da Teixeira.
Finalmente, tanto os participantes como as compañeiras e compañeiros de 2º ESO do IES de Vilalonga, viaxarán o xoves 11 de abril ao Auditorio Emilia Pardo Bazán para participar no I Certame de Regueifas de Sanxenxo e compartir experiencia regueifeira con alumnado do IES de Sanxenxo e do Colexio Abrente.

Regueifando con Josiño da Teixeira


Un ano máis desfrutamos coa arte de regueifar que nos ensina Josiño da Teixeira, este xa sería o terceiro no que o seu obradoiro triunfa entre o alumnado de 2º de ESO, e tanto é así, que se nos queda moi curto.




Mañá regueifaremos con JOSINHO DA TEIXEIRA


Resultado de imaxes para JOSINHO DA TEIXEIRA

Mañá regueifaremos en 4º de ESO co fistor JOSINHO DA TEIXEIRA.
 Contaremos un ano máis coa súa presenza que tan ben  nos sabe transmitir o pulo preciso nas artes da improvisación oral herdadas do mellorciño da nosa literatura popular.

Josiño da Teixeira ensínanos a facer REGUEIFAS

O venres 18 de marzo o regueifeiro, JOSIÑO DA TEIXEIRA,  impartiu un obradoiro de regueifas para o alumnado de 2º de ESO que fixo que dunha maneira lúdica estes rapaces aprendesen a improvisar as súas propias regueifas Aquí vos quedan os vídeos coas súas creacións .