AS REGUEIFAS NO IES DE VILALONGA



O venres 5 de abril tivo lugar na biblioteca do IES de Vilalonga o primeiro dos dous obradoiros de regueifas dirixido a alumnado de 2ºESO. Nesta ocasión contamos coa presenza da regueifeira Lupe Blanco, quen ademais de inicialos na teoría da composición deste tipo de textos, axudou a que improvisaran e crearan as súas primeiras regueifas.
O alumnado quedou moi satisfeito desta experiencia e xa están pensando no que van facer o vindeiro martes 9 de abril con Lupe, que nesta ocasión virá acompañada de Josiño da Teixeira.
Finalmente, tanto os participantes como as compañeiras e compañeiros de 2º ESO do IES de Vilalonga, viaxarán o xoves 11 de abril ao Auditorio Emilia Pardo Bazán para participar no I Certame de Regueifas de Sanxenxo e compartir experiencia regueifeira con alumnado do IES de Sanxenxo e do Colexio Abrente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario