Amosando publicacións coa etiqueta Santiago Lopo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Santiago Lopo. Amosar todas as publicacións

Santiago Lopo sempre é ben recibido entre o noso alumnado.



Santiago Lopo visitou o noso centro o pasado 22 de febreiro para realizar un relatorio sobre varios dos seus libros con distintos grupos do noso alumnado.



Co alumnado de 2º de bacharelato a charla tratou sobre a súa novela "A diagonal dos tolos", foron moitas e moi interesantes as preguntas que tiñan para esta novela que foi Premio de Narrativa Curta de Repsol, explicoulles como coñeceu a illa da Reunión in situ e algúns detalles da carreira que se describe na obra.

Con 1º de bacharelato charlou sobre "Peaxes" e co alumnado de 1º de ESO sobre "Game over"


Os nosos parabéns para os premiados nos Xerais 2017.

Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo Glez.
Este pasado sábado, 3 de xuño, na illa de San Simón, como vén sendo habitual, tivo lugar a cerimonia que celebra a editorial Xerais para outorgar os seus afamados premios. 









Estes premios están divididos, a día de hoxe, en tres categorías: Novela, Premio Merlín de Literatura Infantil e e Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. 


Desde este centro escolar queremos dar os parabéns ós escritores e á escritora que os recibiron. En especial, a Santiago Lopo e a Manuel Lourenzo González, por seren dous dos escritores que nos visitan con moita asiduidade, tanta que xa nos é difícil lembrar cantas veces viñeron a charlar sobre as súas obras desinteresadamente co noso alumnado.

Santiago Lopo fíxose co Premio de Novela Xerais 2017 pola súa obra "A arte de trobar", Manuel Lourenzo González foi Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017 por "Ceiba de luz" e María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 por "Fígaro".


Debemos lembrar a especial importancia do premio a Santiago Lopo porque, como profesor, compartiu as nosas aulas durante varios anos. Ademais desas abundantes charlas posteriores co alumnado, xa como escritor, unha delas aínda a pasada semana. 

De  Manuel Lourenzo González, tamén amplamente coñecido polo alumnado do noso centro por telo visitado en numerosas ocasións,  sinalar o seu triplete ó ter acadado xa as outras dúas categorías destes premios.

Títulos como "Hora zulú" de Santiago Lopo e "Flor de area" de Manuel Lourenzo González, aínda son lecturas dos clubs de lectura neste último trimestre.

Con María Canosa aínda non tivemos o pracer de coincidir nas nosas charlas, pero esperamos ansiosos que entre na nómina de autoras que nos visitan para compartir a súa obra co alumnado.

Parabéns ós tres, unha vez máis. Agardamos ansiosos a publicación das vosas obras  para compartírmolas cos rapaces.  

Santiago Lopo, o outro lado do espello.

Onte, 16 de febreiro, charlou co alumnado de 2º de ESO o escritor de "Game over", Santiago Lopo. O autor conseguiu que moitos deles pasasen ó outro lado do espello a través desta novela que gañou no seu día o Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. Esta obra, aínda que inicialmente non está pensada para o público adolescente, engacha a moitos alumnos que non son moi fáciles de atraer ó outro lado deste espello que é a ficción, como ben apunta Santiago na dedicatoria deste libro.

 

  Graciñas pola túa visita.

Santiago Lopo visítanos por partida dobre.

A principios deste mes de maio o escritor Santiago Lopo visitou o noso instituto por partida dobre. Na primeira ocasión para departir co alumnado de 1º e 2º de bacharelato sobre a súa obra "Hora zulú".                           E na semana seguinte para encontrarse co alumnado do club de lectura de 2º de ESO e PCPI, que leron as súas obras "Game over" e "Peaxes" Graciñas pola túa visita e parabéns polos teus libros.