Amosando publicacións coa etiqueta departamento de bioloxía e xeoloxía. alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta departamento de bioloxía e xeoloxía. alumnado. Amosar todas as publicacións

CLUB DE CIENCIAS

 


Os pasados 9 e 23 de novembro o alumnado participante no club de Ciencias do IES de Vilalonga realizou actividades no campo da Bioloxía, que consistiron na observación mediante diferentes instrumentos ópticos certos materiais:

· Observación cunha lupa binocular a area dunha praia.

· Manipulación de microscopios ópticos.

· Preparación e observación cun microscopio óptico células vexetais...

O  26 de outubro o alumnado participante no club de Ciencias de IES de Vilalonga realizou prácticas de física sobre o tensionado de superficies. Parabéns polos seus logros!

 

Proxecto Hazlo verde.

 


Proxecto promovido pola empresa Leroy Merlin. Dirixido a concienciar ao
alumnado de secundaria sobre a economía circular, o consumo responsable
(ODS-12) e a necesidade de conservar o medio ambiente.
O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias aplicadas á
actividade profesional transformaron residuos en recursos para elaborar murais
artísticos, proxectos ou obxectos funcionais.




Se amas á Terra, Recicla e Conserva!!!



PAISAJE LIMPIO PROMOVE UNHA XORNADA DE LIMPEZA NA PRAIA DA LANZADA

O pasado venres día 19 de novembro, foi realizada unha limpeza manual da Praia da Lanzada por parte dos alumnos e alumnas de 4º ESO do IES Vilalonga, como acción educativa para concienciar no respecto ambiental e contribuír a facer fronte ao lixo mariño, especialmente á marea de plástico que está ameazando os ecosistemas, a fauna e a propia alimentación humana. 

Agradecer a colaboración prestada por parte da Asociación Paisaje Limpio e ao departamento de Medioambiente dos Concellos de Sanxenxo e O Grove, polas facilidades e apoio tanto loxístico como persoal. 

A implicación do noso alumnado foi total e este tipo de actividades son fundamentais se queremos conservar o noso privilexiado patrimonio natural.






“O mundo cambia co teu exemplo, non coa túa opinión”




O cambio climático, é hora de actuar!!!

 


O IES de Vilalonga tivo a oportunidade de colaborar co Proxecto Ecociencia promovido pola Universidade de Vigo. Dirixido a concienciar ao alumnado de secundaria sobre a necesidade de conservar o medio ambiente e sobre o grave problema que supón o cambio climático en xeral.

O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía, como verdadeiros xeólogos e ecólogos, especialistas na materia puideron construír unha liña do tempo do planeta, dirixir unha campaña de publicidade de concienciación sobre a deforestación e a perda de biodiversidade ou elaborar un discurso dirixido aos membros integrantes da ONU.

Deste xeito, grazas á propia observación e intenso traballo realizado ao longo de dúas semanas puidemos percatarnos de que o cambio climático é un problema de todos e todas e que é posible coidar do medio ambiente coa posta en práctica de sinxelas actuacións.


A Domus en Vilalonga


 

ACTIVIDADE DISECCIÓNS VIRTUAIS DA DOMUS

A Domus (A Coruña) foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano. Debido a  situación sanitaria actual oferta unha serie de actividades virtuais. O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Vilalonga participa nas mesmas.

O alumnado de 3º ESO A, B e C  da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade, os días 6 e 14 de maio, de ser testemuñas directas dunha disección de un corazón e un ollo de vaca levadas a cabo nos laboratorios do museo.

Foi apaixonante ver e comprobar, de primeira man, os diferentes tecidos e órganos polos que estamos formados.

Unha experiencia moi positiva. Sen dúbida, repetiremos!


 

Bioloxía e reciclaxe


ACTIVIDADE RECICLAXE E POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO

O departamento de Bioloxía  e o  noso instituto foi seleccionado para colaborar no Plan Revitaliza promovido pola Deputación de Pontevedra, este curso. O obxectivo principal de este proxecto é concienciar e formar aos estudantes sobre a importancia e a necesidade de tratar o lixo de forma sostible,  impulsando un modelo de residuos baseado na reciclaxe e na compostaxe.

Son varias as actividades que se veñen realizando: o alumnado de 1º de ESO A, B e C da materia de Bioloxía e Xeoloxía tiveron a oportunidade de asistir a unha charla, o día 29 de abril, dirixida por Antón, técnico ambiental, sobre a importancia de producir compost e os seus pros e contras para o futuro. Coa colaboración estreita alumnado de 4º ESO, da materia de Ciencias aplicadas, fixemos a  actividade  profesional de levar a cabo a instalación e posta en marcha dun composteiro no centro.


Temos algo moi claro, no IES de Vilalonga, reciclamos e compostamos, e ti? Anímate. Coidemos do noso planeta!.

Visita a Galiciencia e Ourense.















O 24 de maio o alumnado de 3º da ESO foi a visitar Ourense e a mostra de Galiciencia 2019. Organizou a saída o Departamento de Bioloxía e acompañaron o alumnado os profesores: Inés Giménez, J. José Pérez Maceira e Montserrat Ferreirós. Pola mañá fixeron un visita guiada a cidade de Ourense coa colaboración da oficina de turismo da mesma.Recorreron as prazas, visotaron as termas, a catedral, etc.
















Pola tarde das 15h as 18h visitaron Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole. Participaron en dous talleres relacionados coa ciencia e a tecnoloxía e as ciencias da saúde e a alimentación. O alumnado dividiuse en tres grupos- taller que trataron sobre:
Mundos dixitais. 50 minutos. Alumnado de Secundaria/Bacharelato/FP. O taller ten como finalidade facer reflexionar aos participantes sobre os seus hábitos de consumo de contidos dixitais e a falta de privacidade que pode derivarse dun uso inadecuado. Durante a actividade, o alumnado irá descubrindo o seu nivel de uso dos medios dixitais respecto ás recomendacións dos expertos e as implicacións que ten para a súa saúde e a súa seguridade un uso excesivo e/ou imprudente dos mundos dixitais
-Alquimia na cociña: Reaccións químicas, cambios físicos, microbioloxía, anatomía, matemáticas... A cociña é Pura Ciencia. Por que cheira así o pan? Que lle dá ese sabor ao queixo? Por que torna en dourado a carne cando a facemos na grella? Neste taller responderemos dunha forma didáctica, sinxela e divertida a estas e outras tantas preguntas por medio de explicacións teóricas e prácticas mergullándonos neste incrible mundo. Espertaremos nos cativos a curiosidade pola cociña saudable e sustentable concienciándoos para que leven unha alimentación que mellore tanto a súa saúde como a saúde da nosa terra. Charla sobre o uso dos aditivos nos alimentos.

Dirección de enlace a páxina web: https://www.galiciencia.com/

Exposición: Tectónica de placas.













 O mércores día 9 de xaneiro de 2019 o profesor de Xeoloxía e Bioloxía Jorge José Pérez Maceira colocou, 
na biblioteca,
unha exposición sobre tectónica de placas. Fixérona o alumnado dos grupos de 4º da ESO A e B  que teñen a materia de Bioloxía como optativa. 
Os obxectivos eran:
1.- Que o alumnado realizara pregues e fallas en distintos materiais para levar a práctica a lección teórica do profesor.
2.- Que reflexionara e interpretara sobre a evolución do relevo terrestre.
3.- Que fixaran os conceptos básicos do tema.
4.- Que levaran a práctica os seus coñecementos.













Felicidades o resultado foi moi bo.

EXCURSIÓN A ATAPUERCA- ALTAMIRA

O alumnado de bioloxía de 4º da ESO e 1º de bacharelato foron do 16 ao 20 de maio a diferentes lugares de interés: Atapuerca, Cabarceno, León, Altamira, As Médulas,etc. Os profesores que  organizaron a viaxe foron Lourdes Acuña e Jorge José Pérez Maceira do Departamento de Bioloxía, acompañounos na excursión o profesor de Lengua e Literatura castelá Manuel Radío.
Según non informaron a volta a saída resultou moi entretida, divertida e didáctica.
Parabéns a todos/as.

SAÍDA DIDÁCTICA A SIRADELLA


O martes día 20 de febreiro de 2018 o alumnado de 1º da ESO tiveron unha excursión, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Visitaron o Centro de interpretación da Naturaleza de o Monte Siradella (O Grove).Os obxectivos eran:
  1. Que o alumnado coñeza e repecte o seu entorno.
  2. Que valoren a natureza e tomen conciencia da importancia da mesma para a vida.
  3. Que sepan distinguir as áreas protexidas da súa contorna.
  4. Pasar un día xuntos nun espazo diferente e divertido.
  5. Aprender a aprender no medio natural.
  6. Reforzar valores como: o respecto, o compañeirismo, a educación, etc.

FALLAS E PREGAS

 O alumnado da materia de bioloxía e xeoloxía de 4º da ESO A-B traballaron co seu profesor Jorge José Pérez Maceira a formación do relevo terrestre. Como actividade da mesma fixeron maquetas de pregas e fallas da codia terrestre. Os obxectivos eran:

  1. Comprensión da materia explicada.
  2. Fixar conceptos e coñecementos.
  3. Fomentar o traballo colaborativo e as relacións interpersoais.
  4. Desenvolver as habilidades manuais do alumnado.

Acadaron un bo resultado, con unha bonita exposición que reforzou a autoestima e as actitudes colaborativas dos implicados.


Magosto e xogos populares no IES de Vilalonga

O Equipo directivo do IES de Vilalonga organizou un Magosto no que non só houbo castañas senon tamén xogos tradicionais cos que o alumnado da ESO disfrutou durante dúas horas. Contou coa axuda do Departamento de Educación Física quen colaborou activamente na colocación e supervisión dos xogos. O noso agradecemento ao Concello de O Grove que prestou desinteresadamente esta magnífica colección de xogos tradicionais.


Exposición de carteis sobre a biodiversidade no noso centro

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía elaborou unha serie de carteis tras facer unha recollida de datos para analizar a biodiversidade no IES de Vilalonga e o seu contorno tendo en conta os factores abióticos relacionados co clima (temperatura, humidade, precipitacións...) e as distintas especies que se poden atopar no patio do instituto.

Publish at Calameo

Fixeron ademais unha recollida de lixo dentro do recinto para tentar concienciarnos a todos a importancia que ten o coidado do medio ambiente. 




              Aquí tedes unha mostra da cantidade
              de lixo  que  tiramos ó chan no patio
              nun só día (e isto é só a cuarta parte).