Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plan Proxecta. Amosar todas as publicacións

Proxecto Hazlo verde.

 


Proxecto promovido pola empresa Leroy Merlin. Dirixido a concienciar ao
alumnado de secundaria sobre a economía circular, o consumo responsable
(ODS-12) e a necesidade de conservar o medio ambiente.
O alumnado de 4º ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias aplicadas á
actividade profesional transformaron residuos en recursos para elaborar murais
artísticos, proxectos ou obxectos funcionais.




Se amas á Terra, Recicla e Conserva!!!



Proxecto deportivo de Centro


PREPARADOS?

O instituto IES de Vilalonga súmase  á inciativa de Xunta de Galicia no fomento da práctica de actividade física en idade escolar a través da participación no programa Proxecto Deportivo de Centro  incluido no PLAN PROXECTA, a coordinadora do mesmo é a profesora de Educación Física Montserrat Ferreiros Pereira  e coa colaboración do profesor de Xeografía e Historia Marcos Chaves Montenegro.

Desde sempre, un dos obxectivos principais do noso centro foi fomentar a participación dos alumnos en actividades físico-deportivas (a maiores das clases de EF) a través do deporte escolar e as actividades extraescolares e complementarias do centro.

 Faise necesario que todas estas actividades relacionadas coa actividade física queden recollidas no Proxecto Deportivo de Centro (PDC), un instrumento dinámico e con proxección de futuro, que garanta que todas as actividades deportivas que realizan os alumnos nas instalacións do propio centro e dentro do horario teñan un carácter eminentemente educativo.