O 24 de maio o alumnado de 3º da ESO foi a visitar Ourense e a mostra de Galiciencia 2019. Organizou a saída o Departamento de Bioloxía e acompañaron o alumnado os profesores: Inés Giménez, J. José Pérez Maceira e Montserrat Ferreirós. Pola mañá fixeron un visita guiada a cidade de Ourense coa colaboración da oficina de turismo da mesma.Recorreron as prazas, visotaron as termas, a catedral, etc.
Pola tarde das 15h as 18h visitaron Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole. Participaron en dous talleres relacionados coa ciencia e a tecnoloxía e as ciencias da saúde e a alimentación. O alumnado dividiuse en tres grupos- taller que trataron sobre:
- Mundos dixitais. 50 minutos. Alumnado de
Secundaria/Bacharelato/FP. O taller ten
como finalidade facer reflexionar aos participantes sobre os seus hábitos de
consumo de contidos dixitais e a falta de privacidade que pode derivarse dun
uso inadecuado. Durante a actividade, o alumnado irá descubrindo o seu nivel de
uso dos medios dixitais respecto ás recomendacións dos expertos e as
implicacións que ten para a súa saúde e a súa seguridade un uso excesivo e/ou
imprudente dos mundos dixitais
-Alquimia na cociña: Reaccións químicas, cambios físicos, microbioloxía, anatomía,
matemáticas... A cociña é Pura Ciencia. Por que cheira así o pan?
Que lle dá ese sabor ao queixo? Por que torna en dourado a
carne cando a facemos na grella? Neste taller responderemos
dunha forma didáctica, sinxela e divertida a estas e outras tantas
preguntas por medio de explicacións teóricas e prácticas
mergullándonos neste incrible mundo. Espertaremos nos cativos
a curiosidade pola cociña saudable e sustentable
concienciándoos para que leven unha alimentación que mellore
tanto a súa saúde como a saúde da nosa terra. Charla sobre o uso dos aditivos nos alimentos.
Dirección de enlace a páxina web: https://www.galiciencia.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario