OBRADOIRO DE POESÍA CON MÍRIAM FERRADÁNS



O pasado 9 de maio, os Clubs de Lectura de 1º de Bacharelato participaron nun obradoiro de poesía da man da poeta bueuesa Míriam Ferradáns Ferradás.

Na actividade poética de Míriam podemos nomear como máis próximos o  Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé, coa obra titulada Nomes de fume, da que o xurado destacou “o fío narrativo que conduce a quen le ao longo de todas as páxinas”, e a recente  participación na edición dun libro do que xa escoitamos falar esta semana, No camiño do vento de Sesé Mateo, vítima de asasinato machista no 2017, que se está a presentar por toda a xeografía do país e cuxos fondos están destinados aos fillos de  vítimas de violencia machista.


Se ben a escrita, sobre todo a poesía, son parte da vida de Míriam, como a súa terra e a contorna máis próxima, tamén é certo que o seu xeito de vivir a poesía vai máis alá dos estereotipos que algúns pretenden manter, as palabras deixan de ser o que son e reconverten significados, os que nos ispen, ou os que deixan que ispamos seres, os que tecen e destecen tempos, os das voces que berran en silencio...

E todo isto foi o que ela pretendeu trasladarlle á nosa rapazada nunha breve xornada que espertou nelas e neles inquedanzas adormecidas e lles permitiu ver a poesía desde unha nova perspectiva, a propia.






 






Ningún comentario:

Publicar un comentario