"A semana pasada, por fin, e tras unha longa
deliberación e varios atrancos, se entregaron os premios do concurso de
foto-poemas "Lib(e)ro o meu haiku", organizado pola Biblioteca en
colaboración co departamento de Lingua Castelá e Literatura. Para entregar os
premios, botaron unha man tanto colaboradoras da biblioteca como integrantes do
citado departamento. No acto de entrega púidose ver, ademais, un
vídeo cos proxectos realizados por alumnado de 1º BACH que combinaban imaxe,
poesía e música. A participación do alumnado foi chamativa na categoría de 1º e
2º da ESO, estando difícil dirimir entre tanto e tan bo. Pero só podía gañar
un, e aquí van os agraciados con cadanseu vale para gastar na cafetería do
centro e na librería que escollan.
Categoría 1º e 2º da ESO: SARA MARTÍNEZ NOGUEIRA.
Categoría 3º e 4º da ESO: ANTÍA WEIS PROL.
Categoría 1º e 2º de Bacharelato: AITOR GALLEGO GALIÑANES.
Categoría Ciclos Formativos: DESERTO.
Noraboa aos premiados e moitas grazas a todos os
participantes."
Ningún comentario:
Publicar un comentario