As poetas galegas en alza


Tamara Andrés (Combarro, 1992) ten o demo cultural no corpo. «Non paro», di ela mentres pasa a mañá do festivo de Todos os Santos ordenando e catalogando libros. Tamara, ademais de tradutora ou creadora escénica, é poeta. E esta semana chamouna por teléfono a escritora Fina Casalderrey para dicirlle que quedara finalista no Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández. Ela nin sabía que estaban valorando o seu poemario, Corpo de Antiochia, xa que son as academias as que propoñen as obras. E no seu caso foi a Real Academia Galega a que o fixo. Di que non deixa de recibir parabéns e que ata resulta algo estraño: «Parece que gañei eu, e non gañei, só quedei finalista. Aínda que para min é xa unha honra grande». O poemario polo que apostou a RAG é unha obra de madurez, di ela. E para que unha moza de 26 anos fale así debe de ser que o seu coqueteo coa escrita vén de bastante lonxe.
María Hermida
 Pontevedra / la voz

       https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2018/11/02/nena-feirante-mudou-poeta/0003_201811V2C12993.htm

Ningún comentario:

Publicar un comentario