As actrices e a directora co alumnado do IES de Vilalonga.
Mela
Casal, Nieves Rodríguez e Sheyla Fariña,
dirixidas
por Marián Bañobre,
poñen
en escena Invisibles
no
Teatro Principal de Pontevedra.
O
IES de Vilalonga estivo alí.
Reflexións do alumnado asistente:
“O pasado xoves,15 de novembro,
os alumnos de 3º de ESO desprazámonos a Pontevedra para ver Invisibles, que trataba sobre diferentes
tipos de violencia de xénero”. (Sandra Soutullo)
“Invisibles é a historia de
sete mulleres, sete vítimas da violencia de xénero”. (Noa García)
“Gustoume moito porque a mensaxe era moi
clara e importante”. (Diego Magdalena)
“Creo que a obra intentaba transmitir que
ás veces as mulleres sofren violencia de xénero e non se decatan, buscan outras
explicacións ou cúlpanse a si mesmas do que están sufrindo”. (Tania Aguín)
“Aínda que foi bastante entretida e
graciosa, a obra recreaba o que ocorre actualmente nesta sociedade, na que se
menospreza as mulleres.(...) Foi a
primeira obra que vin na que todos os papeis os fan mulleres”. (Rodrigo Prieto)
“Ao principio son moi bos coas súas
mozas, pero despois empezan a controlalas. Máis tarde, comezan a insultalas e
acaban pegándolles. Elas non queren denuncialos porque pensan que todo foi sen
querer, pero acaban fartas deles ou os homes acaban asasinándoas”. (Antía
González)
“Espero que ningunha muller pase polo que
pasaron as sete mulleres que aparecen na obra. Fagamos que a nosa xeración sexa
recordada por non ter estes problemas, que sexa recordada por vivir nunha
mellor época para a muller”. (Nerea Fernández)
“Ao final, as actrices fixeron un
discurso no que se dicían cousas moi reais. Está moi ben aprender mediante
explicacións feitas así”. (Alba González)
“Relatos de violencia de xénero que nos
ensinan que non debemos ser invisibles fronte ao maltrato, que hai que
denunciar”. (Daniel Castro)
“Este problema está moi presente na sociedade
de hoxe en día. Por iso, obras coma esta son importantes para que as novas
xeracións aprendan e non cometan os mesmos errores”. (Gabriel Folgada)
“Ela fixera unhas cabazas cos seus fillos
para o colexio e chegou o marido e rompeunas”. (Lucas Cores)
“Ela non aguantou máis, saíu fóra e
enfrontouse a el”. (Nicolás Straehli)
“Moi entretida, conmovedora e moi
realista”. (Andrea Varela)
“Invisibles
busca concienciarnos dos danos que causan estes actos nas mulleres e que o
problema desapareza. (...) Unha grande
axuda para promover a desaparición do machismo”. (Aitor Domínguez)
“Representa todo o que as mulleres
estamos a sufrir día a día”. (Laura Pereira)
“A obra mostra a importancia da muller na
sociedade, a pesar de que sexamos menosprezadas polo machismo”. (Samar
Rodríguez)
“Paréceme moi importante concienciar a
xuventude contra a violencia de xénero e de que as mulleres teñen un papel moi
importante na nosa sociedade. (...) Invisibles
destaca o traballo que fan as mulleres para sacar a súa familia adiante e como
buscan a maneira de facerlles o menor dano posible ós seus fillos”. (Ana Pérez)
“A historia que creo que se axusta máis á
nosa idade é a da rapaza que ten un mozo, bastante maior ca ela, a quen
coñecera nas redes sociais. Un día ve a noticia de que ese mozo matara a súa ex
parella, que estaba no cuartel para denuncialo”.( Laura Abal)
“Unha obra moi orientadora para cambiar
os pensamentos tan parvos que ten a xente. (...) Ese tipo de cousas teriamos
que pensalas un pouco, como dixo unha personaxe: “Ti só vés unha cara da moeda,
eu vexo as dúas”. (Carmen Soto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario