Saída a Santiago de Compostela.




                                                   
CASTELAO MAXISTRAL

O pasado 16 de novembro o alumnado de 4º curso de ESO e de 3º PMAR desprazouse a Compostela  para realizar unha visita guiada pola obra literaria e gráfica de Castelao e por determinados aspectos do ensino no primeiro terzo do século XX.
A exposición Castelao maxistral,organizada no Museo Centro Gaiás, ten como elemento central o impresionante óleo A derradeira leición do mestre, pintado por Castelao durante o seu exilio na Arxentina  para lembrar o seu amigo Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.

 












É a primeira vez que o cadro, de dous metros de altura e propiedade do Centro Galicia de Buenos Aires, pode ser contemplado en Galicia.

Despois da visita, e con Compostela ó fondo, gozamos dun día solleiro paseando polos exteriores da  Cidade da Cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario