A ciencia ficción é un dos xéneros literarios máis recentes que existen na historia da literatura. Conta, concretamente, con douscentos anos de antigüidade. Non pode ser doutra maneira, xa que a temática que caracteriza as historias vinculadas a esta materia está baseada na ciencia e a tecnoloxía e como inflúen na sociedade. Unha temática que soubo utilizar por primeira vez  Mary  Wollstonecraft  Shelley en 1818 con  Frankenstein ou o moderno  Prometeo, onde explota as posibilidades que dá a ciencia para crear nova vida e como este descubrimento afecta a súa contorna social, neste caso a sociedade  victoriana do século  XIX.
Visita a nosa pequena exposición e coñece mellor ó mito
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario