“Non é unha
festa. Están a matarnos” Miles de mulleres toman as rúas en máis de 50 cidades
contra a violencia machista.
Non saíron
á rúa para celebrar. Por iso moitas van de negro, con reproducións de féretros
ás costas, cos rostros tapados, con fachos, conolleiras pintadas na cara. Miles de persoas —maioritariamente mulleres—
saíron este sábado en máis de 50 cidades de España no Día Internacional da
Eliminación da Violencia contra a Muller. Lembraron as vítimas asasinadas polas
súas parellas, pero tamén denunciaron o acoso sexual ou a discriminación.
Pediron unha sociedade por fin xusta coas mulleres.
No que vai
de ano, morreron asasinadas polas súas parellas e ex-parellas 45 mulleres e oito nenos, segundo as estatísticas de
Sanidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario