O martes 30 de xaneiro, os alumnos de Relixión de 4º e 1º e 2º Bach. fomos de viaxe a Santiago, a Mesía e a Vilasantar, coa profe Ana, a profe Isabel e o profe Jorge.
En Santiago fixemos un pequeno percorrido pola arte, cultura e relixión da cidade, da man de homes e mulleres que fixeron e aínda fan vida en igrexas e mosteiros.
En A Raíña (Mesía) Víctor acolleunos coma outras veces, ofrecéndonos a casa como nosa. Asamos chourizos, comemos e escoitamos os soños de Víctor, que son tamén os da xente que quere un mundo máis xusto para todos, desde o corazón.
En Vilasantar, granxa ecolóxica, presenciamos como se empezan a facer realidade algúns deses soños de A Raíña, cultivando e distribuíndo produtos da terra con fins sociais. Manchamos mans e pés sementando e limpando terra... pero mereceu a pena.
Voltamos felices, rapaces e rapazas, profes e ata mesmo o condutor do bus, que foi simpático e colaborador.
Un fermoso 30 de xaneiro...con moita
paz.