Amosando publicacións coa etiqueta ARTE. EDLG.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ARTE. EDLG.. Amosar todas as publicacións

Exposición concurso de adhesivos EDLG



A exposición de adhesivos chegou ó noso centro o pasado venres. Están expostos no corredor do edificio 1.




















Poderedes contemplar os traballos seleccionados ata o día 5 de xuño.
                                                        Aproveitade!

Premios do concurso de adhesivos.


O 23 de maio celebrouse no IES Castro Alobre de Vilagarcía a entrega de premios do concurso de adhesivos convocado polos  Equipos de Dinamización  Lingüística do Salnés.
Varios dos traballos do noso alumnado foron seleccionados e con ese motivo acudimos a un acto no que, ademais de lembrar as vinte e catro edicións do concurso, gozamos coa actuación do grupo de rock TNT.
Recolleron diplomas e agasallos Natalia Revuelta Medina e Andrea Ara Solla, como finalistas de segundo ciclo de ESO; Sara Garrido Chouza e Iván Sanmartín Míguez, como finalistas de Bacharelatos e Ciclos, e Santiago Reinal Giménez, segundo premio de Bacharelato e Ciclos.
Tamén asistiron ó acto Sara González Basdediós, convidada polo EDLG do Centro pola calidade do seu traballo, e Jorge  Ferreira Gaspar, que non puido perder o evento no que se agasallaba ós seus compañeiros.
Contamos con poder ter a Exposición de adhesivos premiados e finalistas no noso centro a vindeira semana. Será só ata o 5 de xuño  xa que son moitos os centros que integran o colectivo ENDL do Salnés: IES Cotarelo Valledor, IES Bouza Brey, IES Miguel Ángel González, IES Castro Alobre, CPI Xulia Becerra Malvar, IES de Vilalonga, IES Cabanillas, IES Asorey, IES de Sanxenxo, IES A Basella, IES Faro das Lúas, IES de Barro, IES de  Meaño, CPI Mosteiro e IES de Meis.
Parabéns ó noso alumnado!


⇒Despois algunhas tiñan exame!!

EXPOSICIÓN "A MULLER NA ARTE"

  O Proxecto Artemisa xorde coa fin de difundir a arte feminina, que ao longo do tempo estivo en gran medida silenciada pola Historia da Arte. A presente exposición pretende dar unha visión xeral da pintura das mulleres, temática e estilisticamente variada, dende as primeiras manifestacións asinadas (alá polo século X) ata a actualidade.


Esta exposición fixérona no Instituto Chan do Monte de Marín (Pontevedra) e enviouna ó noso centro a profesora Teresa Moure de Xeografía e Historia. Dámoslle as grazas ao equipo que a fixo e á profesora que se acordou de nós para que poidamos desfrutala.


 

A mostra aparece en galego e en inglés polo que tamén supón un bo exercicio de linguas.