Amosando publicacións coa etiqueta certames. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta certames. Amosar todas as publicacións

Exposición concurso de adhesivos EDLG



A exposición de adhesivos chegou ó noso centro o pasado venres. Están expostos no corredor do edificio 1.




















Poderedes contemplar os traballos seleccionados ata o día 5 de xuño.
                                                        Aproveitade!

Expotaku Coruña 2015

                            



Esta fin de semana deu comezo a sexta edición de EXPOTAKU na Coruña para os fans do cine, os videoxogos e a banda deseñada. Celébrase os días 22,23 e 24 de maio; en 2014 superáronse os 12.000 visitantes.

Estará NINTENDO promocionando a súa xira news 3DS

Zona gamer con consolas de nova e pasada xeración e xogos.

Zonas habilitadas para LOL, xogos de mesa e MOBA.

Artes marciais e Cosplay

Tendas adicadas a manga e anime.

Novos premios para a ciencia no IES de Vilalonga


“FEIRA DE CIENCIAS”

PREMIOS

Alumnado do IES de Vilalonga premiado na “FEIRA DE CIENCIAS” organizada polo Departamento de Física e Química e que contou co apoio da Biblioteca.


Premios á mellor calidade científica e técnica concedidos pola Biblioteca:

1º PREMIO, dotado con 80 €, “Tren magnético” / 4º de ESO-A:

FÁTIMA VIÑAS CASTRO

MÓNICA ÁLVAREZ GORDO

2º PREMIO, dotado con 60 €, “Pila con limóns” / 3º ESO-B:

MARCOS BOUZADA BOUZADA

JESÚS LEIRO LORENZO

ACCÉSIT, dotado cun lote de libros, “Biografía de Edwin Hubble” / 1º BACHARELATO-C: á mellor biografía de científico:

ALEJANDRO PRIETO VIDAL


“FEIRA DE CIENCIAS”

PREMIOS

Premios á mellor calidade científica e técnica concedidos polo Departamento de Física e Química:

3º PREMIO, dotado con 50 €, “Freos eléctricos” / 4º ESO-B (DC):

JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ MEIS

BERNABÉ VARELA FARO

PREMIO DO XURADO á xove promesa (participación voluntaria), dotado con 50 €, “Cama de cravos” / 2º ESO-A:

SANTIAGO GARCÍA VILLAR

MARCOS SOUTULLO GONZÁLEZ

PREMIO FAVORITO DO PÚBLICO, dotado con 75 €,

Canón magnético” / 3º ESO-A:

IVÁN ABALDE MORAÑA

ÁLVARO TORRES BARBEITO

ADRIÁN ROSAL PADÍN


MÁIS PREMIOS!

Alumnos do IES de Vilalonga premiados no VII Certame Literario do IES Sanxenxo

Parabéns por tan queridos, tantos e tan bos premios!

Ninguén se quería ir do festival, tampopuco Neira Vilas.

ESO

LUCÍA OTERO TORRES

SAMANTA DÍAZ DURÁN

ALBA GÁNDARA MARTÍNEZ

DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ

SOFÍA FERNÁNDEZ FUENTES

MÓNICA ÁLVAREZ GORDO

PATRICIA PÉREZ DOMÍNGUEZ

BACHARELATO

LORENA DO AMARAL ROSAL

ALBA FERNÁNDEZ REY

SARAI DOPAZO AROSA

VERÓNICA SUEIRO NÚÑEZ

ANNABELLE ÁLVAREZ GUTIÉRREZ

AMANDA CASAL LORES

DIEGO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

PATRICIA LÓPEZ FONTÁN

CÉSAR ESTÉVEZ BESADA

NURIA RODRÍGUEZ PIÑEIRO

Celebración coa TROPA DE TRAPO





A Tropa de Trapo acompañounos co seu espectáculo "A hora azul" na entrega dos premios do noso certame de creación e investigación “Abril dos Libros e Maio das Letras”.

ALUMNADO PREMIADO EN NARRATIVA

CATEGORÍA A: Adrián Agraso Otero (1º premio), Lucía Otero Torres (2º premio), Alba Gándara Martínez (finalista), Álvaro Padín Fernández (finalista),Rafael Domínguez Míguez (finalista).
CATEGORÍA B: Andrea Vázquez Carballa (1º premio), Patricia Pérez Domínguez (2º premio), Sofia Fernández Fuentes (finalista), Marta Vázquez Pérez (finalista), Yovanna González Arostegui (finalista).
CATEGORÍA C: Daniel Crespo Telmo (1º premio), Diego Fernández Fernández (2º premio), Patricia López Fontán (finalista), Laura Freijeiro González (finalista).

ALUMNADO PREMIADO EN POESÍA

Laura Freijeiro González (1º premio), Sofía Fernández Fuentes (2º premio), Sofía Torres Fernández (finalista), Patricia Pérez Domínguez (finalista), José Carlos Rodríguez Meis (finalista), Inés Camiña Padín (finalista).

ALUMNADO PREMIADO EN CREACIÓN E INVESTIGACIÓN.

Carlos Soutullo Castiñeiras e Patricia López Fontán(1º premio compartido), Olalla Pérez Sampedro e Mª del Carmen Fandiño Moldes (2º premio compartido), Lucía Pérez González (finalista), Laura Gómez Viéitez (finalista), Ana Lores Padín (finalista)

"Abril dos Libros e Maio das Letras"


FESTA:

Creación, Investigación e Moitos Libros

Rematamos o trimestre, 14/4, "Día da República", como soñabamos. A melodía "Foi un soño, foi coma un soño..." daquel estremecedor coro do cárcere de O lapis do carpinteiro, tantas veces entonada en memoria daqueles homes, hoxe fíxose realidade no IES.
Puidemos facer chegar moitos agasallos a tantos dos nosos creadores e investigadores, organizarlles unha festa de contos e música, sorprendelos, porque antes xa os engaiolaramos para escribir no centro, para ir ao certame do IES Sanxenxo, ao do IES As Bizocas e para que todos desexaran ir ver que ía suceder no Auditorio Emilia Pardo Bazán. Nós puxemos a ilusión, o alumnado a creación.
O enfeitizo total foi obra de Marta e Brais de "A Tropa de Trapo".
Felicidades a todos e todas por todo.

Biblioteca e Normalizació Lingüística





CREACIÓN

A TODO O ALUMNADO

DE

BACHARELATO E CICLOS!

O ALUMNADO DE BACHARELATO, QUE DESEXE PARTICIPAR NO CERTAME LITERARIO DO IES SANXENXO, DEBERÁ SEGUIR, PARA A PRESELECCIÓN, OS EXERCICIOS DE CREACIÓN DE NARRATIVA E POESÍA QUE LLES SEXAN FACILITADOS POLO PROFESORADO NAS DISCIPLINAS DE LINGUA E LITERATURA. PERO TAMÉN PODERÁN PASAR POLA BIBLIOTECA A RECOLLER PROPOSTAS DE NARRACIÓN E DE POESÍA QUE SE UTILIZARÁN IGUALMENTE PARA A SÚA PRESELECCIÓN.

OS TRABALLOS DIGNOS ACREDITARÁN A CREADORES E CREADORAS PARA CONCURSAR EN SANXENXO, TAMÉN PARA ENVIAR POEMAS AO CERTAME POÉTICO-MUSICAL DO IES BIZOCAS DE O GROVE E, POR ÚLTIMO, PODERÁN SER MERECEDORES DE PREMIO NO CONCURSO INTERNO DO NOSO IES “ABRIL DOS LIBROS E MAIO DAS LETRAS”. NESTE ÚLTIMO PODERÁN PARTICIPAR MESMO OS CICLOS.

O día 21 de marzo enviaremos a Sanxenxo o listado de participantes


A TODO O ALUMNADO!

ENTREGA UNHA COIDADA E BEN PRESENTADA SELECCIÓN DE POEMAS DE AUTORES QUE CHE GUSTEN. UNHA ESCOLMA EN FORMATO BOLETÍN, COMA OS QUE SE EXPOÑEN NAS CORCHEIRAS DOS VESTÍBULOS, E PODERÁS OPTAR A UN PREMIO.

TEMA: AMOR, OUTROS

ENTRÉGAO NA BIBLIOTECA





2º Premio Poesía, categoría C: POESÍA ES UN ANCIANO QUE HA VISTO LA VIDA

Este é o segundo premio de poesía na categoría C do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Míriam Sartages García

 POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER

La poesía es un anciano que ha visto la vida.

La poesía es un otoño de hojas caídas.

La poesía es ambigüedad en sus formas.

La poesía es la silla para esperar.

La poesía es el atrayente azahar.

La poesía es el atardecer de verano.

La poesía es un bosque dorado y encontrado.

La poesía es dulce amargura.

La poesía es un tren que no se detiene.

La poesía son las rimas becquerianas.

La poesía son nubes que cubren el cielo.

La poesía es comprensión emocional.

La poesía es una bufanda larga que cubre

De las ráfagas inclementes del viento.

2º Premio Poesía, categoría C: POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER

Este é o segundo premio de poesía na categoría C do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
AutorA: Laura Cacheda

 POESÍA ES UNA PLAYA VACÍA AL ANOCHECER

Poesía es una playa vacía al atardecer,
Es alguien especial que aparece cuando menos lo esperas.

Poesía es un olor a flores en primavera,
Un sabor que te trae viejos recuerdos.

Poesía es la alegría que refleja tu cara,
Es aquel sombrero que el viento quiso llevarse
Una tarde fría de invierno,
Un escalofrío.

Poesía es la lluvia que moja tu cara,
Es la caída de hojas en otoño,
Es un libro de aventuras,
Es el tren donde te imaginas viviéndolas.

Poesía es una cama deshecha
Donde descansan los sueños que no tuviste.

1º Premio Poesía, categoría C: POESÍA ES EL OLOR DE UNA ALCANTARILLA

Este é o primeiro premio de poesía na categoría C do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Álvaro Santamaría Fandiño (4º ESO A)

 POESÍA ES EL OLOR DE UNA ALCANTARILLA

Poesía es el olor de una alcantarilla

Poesía es el sabor de una amarga papilla.

Poesía es la habitación de una casa desolada

Poesía es una mascota abandonada

Poesía es la noche solitaria.

Poesía es el miedo que te contraría.

Poesía es una triste sensación

Poesía es cuando llueve y truena a mogollón.

Poesía es un tren descalabrado

Poesía es un vestido desgarrado

Poesía es la gran tumba que hay en el salón.

Poesía es aquel libro viejo del rincón.

2º Premio Poesía, categoría B: CORES

Este é o segundo premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Xoel Salgueiro McCormack

 CORES

Azul é o mar,
Azul é o ceo
Azul é a auga que eu bebo.

Verde é a folla,
Verde é a herba,
Verde é o grilo que saltarea.

Amarelo é o sol,
Amarelo é o trigo,
Amarelo é o chaquetón co que me abrigo.

Marrón é a árbore,
Marrón é a maceta,
Marrón é a flauta coa que tararea.

Branca é a nube,
Branca é a fariña,
Branca é a folla na que escribo este poema.

Vermella é a rosa,
Vermello é o tractor,
Vermella é a chaqueta coa que tes calor.

Laranxa é a laranxa,
Laranxa é o solpor,
Laranxa é a pelota coa que marco un gol.

Negro é o carbón,
Negro é o mechero,
Negro é o día no que as notas espero.

2º Premio Poesía, categoría B: TODO É POESÍA

Este é o segundo premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: (3º ESO Diversificación)

 TODO É POESÍA

Poesía es ti,
É a noite que te acubilla,
É o mar que te bica.
A auga doce é poesía.

Poesía é o tren polo val,
É a noite fundida no día,
É o son do teu corazón.
A vida é poesía.

Poesía es ti,
Poesía é a noite que te acubilla,
Poesía é o mar que te bica.
A auga doce é poesía.

Poesía é África traballando,
China rebulindo,
Europa gozando.
A xeografía é poesía.

Poesía é un doce na túa boca
É a túa mirada salgada,
É o son da túa voz.
Todo en ti é poesía.

1º Premio Poesía, categoría B: O ESPERTAR

Este é o primeiro premio de poesía na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Miriam García Otero (4º ESO A)

 O ESPERTAR

Cando esperto
Só quero chorar,
Paréceme inxusto
Voltar espertar.

Vestirse, lavarse
Sen ter que almorzar,
Nin froita nin zume
Nin pan para untar.

Quixera ter cartos
Poder ir a un bar,
Mercar uns donetes
Comer a fartar.

E para molar,
Roupa cara
E un coche mercar.

Poder saír de festa,
Xogar, rir, troular
E feliz sempre estar.

2º Premio Poesía, categoría A: MI CLASE

Este é o segundo premio de poesía na categoría A do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: Antón Rial García (1º ESO A)

MI CLASE

Mi clase la más singular,
Como es les voy a contar.
En el primer piso, en la primera aula,
Les cuento cómo es esta gente con maula.

Está Robertito, el gracioso,
Que estudia bastante, pero trabaja poco.

También está Víctor, el callado,
Que aunque estudia mucho, de notas ha bajado.

Alejandro es un fan de Fhineas y Ferb,
Pero que apruebe todas, eso está por ver.

David Güimil es un trabajador,
Ya que todas las materias adora con ardor.

Cayetano es un artista, dibuja mejor que Van Gogh,
Aún así en Matemáticas, de notas él bajó.

La tutora de nuestro curso se llama Isabel,
Y es tan bella y aguda como un cascabel.

Espero que esta poesía les haya gustado,
Ya que a mí y a mis compañeros nos ha encantado.

2º Premio Relato, categoría B: ZIP

Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Sarai Gondar Domínguez (3º ESO A)


ZIP

Un sorriso pode destrozar tantas vidas. Aquel sorriso que unha vez me tivo cautivo, aquel mirar que algunha vez fíxome sentir o calor que desprenden os teus ollos. As mans que un día lentamente acariciaban as miñas costas, cando o sol brillaba sobre as nosas cabezas.

Como resumir todo o que nós vivimos nunha única liña? Sería imposible! E agora disme que o esqueza, que o noso é imposible. Mintes! Iso é o que ti queres facerme crer. Como esquecerme de todo? Como o fixeches? Non mo creo.

Iso foi o último que escribín no meu caderno antes de tomarme o “Zip”, unha substancia que aínda non sei moi ben o que é. A quen escribía? Iso non o escribín eu? Non o entendo. Sería esa a razón pola cal a tomaría? E se o fose sería mellor non recordarse?

Mmm! Hoxe apetéceme algo distinto. Para variar, hoxe quero ir descubrir novos lugares. Pero a intriga mátame. Que pasaría para que eu cometese iso? Será mellor deixar de facerme preguntas sen resposta.

Collín a miña mochila e funme xogar ao fútbol cuns amigos. Despois dun bo anaco, acercóuseme unha rapaza moi bonita que parecía como se me coñecese, pero eu non a recordaba. Chamábase Verónica, era un bonito nome que facía xogo con ela. Sorriume e quedamos un momento falando. Miroume, mireina e bicámonos. Desde ese día levamos cinco meses saíndo, agora dime que se vai con outro. Certamente non sei que facer, pódeme a ira e a escuridade vai apoderándose pouco a pouco do meu
corazón.

Teño un dilema moral, que facer? Sufrilo como faría calquera outra persoa ou mellor tomarme o “Zip” e esquecerme dela? Un minuto, e se fose ela quen me dixo esas palabras antes de tomarme por primeira vez o “Zip”? non sei que facer, consultareino coa almofada e mañá tomarei unha decisión.

2º Premio Relato, categoría B: A HISTORIA DO VELLO DO RÍO

Este é o segundo premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autor: J. Carlos Rodríguez Meis (3º ESO C)

A HISTORIA DO VELLO DO RÍO

Alá abaixo, pola chaira sempre ía o río, tranquilo, fresco, estomballado coma un home na sesta. Eu podía pasar horas e horas mirando para el e sempre o facía porque pasa moi preto da miña casa. É un río normalmente tranquilo e caudaloso, con moita vexetación ao redor. Pero cando chove convértese nun río torrencial e debastador, coas augas cheas de lodo.
Aquel día, aproveitando que estaba bo tempo, fun pescar, aínda que non é un río con moitos peixes. Collín a cana, meu gallapán, o meu sombreiro e a miña troiteira para poñer rumbo ao río. Cando cheguei había un vello pescando e púnxenme á súa beira. De repente o vello marchou. Eu seguín pescando. Ese día non vin nin a primeira troita! Entón collín a cana, pregueina outra vez e, cando ía marchar, volveu o vello de antes e díxome:
- Neste río non vas pescar nada. Fun mirar alá arriba e están a construír unha presa.
Eu exclamei:
- Unha presa! Como non me dera conta antes? E que a xente non o ía impedir? Eu estaba confuso.
Agora xa pasaron vinte anos desta historia. Ao final fomos protestar aquel vello máis eu. A el golpeárono tanto cunha grúa que lle causaron a morte, pero pararon as obras.
Escribo esta historia no seu honor. Cada ano lévolle, ao lugar onde faleceu, un ramo de flores e un cartel que pon:
Fóra as presas dos ríos!

1º Premio Relato, categoría B: ALGO INSÓLITO

Este é o primeiro premio de relato curto na categoría B do Certame Abril dos Libros Maio das Letras 2010 do IES de Vilalonga.
Autora: Patricia Pérez Domínguez (3º ESO C)

ALGO INSÓLITO

Eu estaba alí, pechada naquel galiñeiro fedorento.
Respiraba entrecortadamente apoiada na columna de madeira. Estaba esgotada. Agudicei o oído e mantívenme á espera mentres os latexos do meu corazón martilleaban nos meus oídos. Fóra semellaba estar todo en calma.

Maldito sexa o día no que se me ocorrera visitar a base militar deshabitada, pensei. Os recordos acudíronme en tropel e non tiven máis remedio que aceptalos.
Vaites! Si que era grande o enreixado da base militar. Por que razón o 2º enreixado estaba electrificado? Tamén dicían ás veces que os gardas civís subían ata alí. Para que? Mentres me preguntaba todo isto, fora adentrándome na maleza, preto da entrada principal. Un letreiro na cancela poñía: “BASE MILITAR. PROHIBIDO O PASO”. A única maneira de acceder era por alí e eu sabía que só tiña unha oportunidade de esquivar os gardas.

Grazas a escuridade da noite podería entrar sen ser vista. Non o pensei máis. Funme cara a cancela e coleime dentro rapidamente. Seguindo unha corazoada, paseei polos corredores. Por todo o chan había papeis. Algúns de 1899, e mesmo de 2005? Non podía ser! A base levaba pechada desde o ano 2000. Ao levantar a mirada do papel observei, con gran asombro, un panel eléctrico táctil. Acerqueime e comprobei que a última revisión que se pasara era de 2009. Este ano! Deus! Era certo. A base seguía aberta e non obstante queríannos facer crer que non.

De socato oín un ruido detrás de min. Era a porta metálica do panel electrónico. Militares armados e o que parecía un home morto, presentáronseme diante dos meus ollos. Botei a correr e uns disparos pasáronme rozando. Corrín ata chegar a unha granxa. Metinme dentro e pechei a porta
con chave. Intentei tranquilizarme. Xa non oía nada fóra. Estaría a salvo?

A porta abriuse e un forte estoupido oíuse en todo o lugar. Notei a presión da bala no meu estómago. Ía morrer por unha tontería. O último que sentín foron uns dedos no meu pescozo e un susurro que me dicía: “Síntoo. Son ordes. Máis che valía non ter entrado na base”.

Certame literario Abril dos Libros e Maio das Letras: PREMIOS RELATO CURTO