Amosando publicacións coa etiqueta En galego tamén se fai ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta En galego tamén se fai ciencia. Amosar todas as publicacións

II DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



No noso centro celebramos o II Día da Ciencia en Galego e o Ano Internacional da Química con este interesante traballo do alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e Diversificación dirixido polo Departamento de Física e Química, no que se reflexiona sobre as palabras da ciencia.


Novos premios para a ciencia no IES de Vilalonga


“FEIRA DE CIENCIAS”

PREMIOS

Alumnado do IES de Vilalonga premiado na “FEIRA DE CIENCIAS” organizada polo Departamento de Física e Química e que contou co apoio da Biblioteca.


Premios á mellor calidade científica e técnica concedidos pola Biblioteca:

1º PREMIO, dotado con 80 €, “Tren magnético” / 4º de ESO-A:

FÁTIMA VIÑAS CASTRO

MÓNICA ÁLVAREZ GORDO

2º PREMIO, dotado con 60 €, “Pila con limóns” / 3º ESO-B:

MARCOS BOUZADA BOUZADA

JESÚS LEIRO LORENZO

ACCÉSIT, dotado cun lote de libros, “Biografía de Edwin Hubble” / 1º BACHARELATO-C: á mellor biografía de científico:

ALEJANDRO PRIETO VIDAL


“FEIRA DE CIENCIAS”

PREMIOS

Premios á mellor calidade científica e técnica concedidos polo Departamento de Física e Química:

3º PREMIO, dotado con 50 €, “Freos eléctricos” / 4º ESO-B (DC):

JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ MEIS

BERNABÉ VARELA FARO

PREMIO DO XURADO á xove promesa (participación voluntaria), dotado con 50 €, “Cama de cravos” / 2º ESO-A:

SANTIAGO GARCÍA VILLAR

MARCOS SOUTULLO GONZÁLEZ

PREMIO FAVORITO DO PÚBLICO, dotado con 75 €,

Canón magnético” / 3º ESO-A:

IVÁN ABALDE MORAÑA

ÁLVARO TORRES BARBEITO

ADRIÁN ROSAL PADÍN


En galego tamén se fai ciencia



Nace unha nova iniciativa en defensa do galego denominada en galego tamén se fai ciencia
Nesta ocasión falan os expertos pero non en lingua, que é aos que estamos afeitos a oír, senón os expertos en ciencia, ese ámbito do saber do que se quere expulsar o galego coa recente aprobación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Parabéns a Xavier Alcalá, Beatriz de Carlos, Ángel Carracedo, Domingo Docampo, Edita de Lorenzo, Marcos Mariño, Jorge Mira e Elena Vázquez-Cendón. Dobres felicitacións para eles e elas pola súa contribución ao camiño do saber e por non esqueceren nel o seu compromiso co galego.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.