"Poesía en clave dixital" en Caldas de Reis


O pasado venres 15 celebramos en Caldas de Reis o evento "Poesía en clave dixital". As poetas Rosalía Fernández Rial e Susana Sánchez Aríns e os músicos Sergio Trillo (Serj) e Clara Pino foron os nosos invitados a impartir os obradoiros. 

O alumnado participante proviña de catro centros da provincia (IES de Poio, Vilalonga, Sanxenxo e San Paio de Tui e foi coordinado polo profesor Rafael Arines Gago. Despois dos obradoiros iniciais, realizouse o recital conxunto no Auditorio Municipal, coa participación do alumnado dos institutos e os autores citados. 

Tras o almorzo na Carballeira, realizamos un percorrido polas orillas do río Umia e a zona vella de Caldas. Iniciamos as actividades da tarde coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes", cantada pola nosa alumna Sara Pombo, acompañada na guitarra por un compañeiro. A continuación tomamos fotografías do río para o concurso de fotografía "Poemas visuais do Umia". Tamén se homenaxeou a Ramón Pérez de Ayala, que escribiu a súa novela "AMDG" durante a súa estancia no balneario de Caldas de Reis, coa lectura dun poema extraído desta obra. O percorrido continuou pola zona vella da vila, ofrecendo versos e poemas ós viandantes e distribuíndo "publicidade poética" polos parabrisas dos coches. No remate, xa de volta á Carballeira, houbo un momento para a lectura dos poemas realizados polo alumnado no concurso de "Parodias musicais"

Faro de Vigo

Ningún comentario: