O pasado xoves, 27 de abril, efectuouse a entrega de premios do XXIII Concurso de adhesivos da Coordinadora de EDLG do Salnés no IES Bouza Brey de Vilagarcía. Lembremos que o noso centro gañou os dous premios da categoría de bacharelato e ciclos formativos, O primeiro premio foi de Tomás Uhía e o segundo para Isabel Martínez.
A entrega de premios contou coa presenza de Bieito Iglesias que impartiu unha charla sobre o homenaxeado das Letras Galegas deste ano, Carlos Casares. Nesta amena conferencia a través dunha serie de fotos persoais do escritor percorreu a súa biografía dun xeito moi didáctico. Desde os seu anos mozos de estudante no Seminario, onde froito da represión lingüística da época lle facían copiar como castigo: "No hablaré más en gallego" até 100 veces, pasando polos seus anos universitarios e xa como escritor, autor de Ilustrísima, personaxe inspirado nun tío de súa nai, bispo en Cuba. Así mesmo, comentou como o feito de casar cunha muller de orixe sueca provocou que fose todos os anos de vacacións a Suecia e puidese fuxir da opresión do réxime franquista accedendo ás películas e libros que se estaban a ver e ler no resto de Europa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario