Darío Ferreira Martínez, ex-alumno do IES Vilalonga, deu unha conferencia o venres 5/05/2017 no salón de actos do noso Centro ao alumnado de 1º de bacharelato. O tema era "A teoría de cordas", organizada polo profesor de física e química Tomás Álvarez Torres, posto que o alumndo dese nivel mostrara interese por este tema. Darío está estudando 2º de Física na Univerdidade de Santiago de Compostela. Utilizou unha linguaxe e unha orde extraordinariamente pedagóxicas para explicarnos como se chegou a dita teoría e en que consiste esta.
Ó rematar abriu unha quenda de preguntas na que o alumnado preguntou as súas dúbidas sobre a teoría e tamén sobre a física en xeral. Esta parte prolongouse no tempo, dado que o relator resultou moi entretido e interesante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario