PRESENTACIÓN DO NÚMERO 15 DE "ENÓRMIC BANDA"



Hoxe, 5 de maio, tivo lugar a presentacción no IES Ramón Cabanillas de Cambados da revista de cómic ENÓRMIC BANDA, na súa décimo quinta edición. Este ano no noso centro tivemos un alto número de premiados, cinco en total, o máis elevado de todos os centros que forman parte da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Salnés.

Os nosos premiados foron: LUIS IGLESIAS OTERO coa súa obra "Civilización", JOSE PAZOS MOHRI con "Galeghome",  DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ co "Desexo", LUCÍA PÉREZ GONZÁLEZ con "Wertesplandor" e ANA OTERO GÓMEZ con "Castelao".  Á vista dos seus títulos podedes comprobar como o noso alumnado desenvolveu un amplo labor crítico cunha ollada aguda da nosa realidade social moi de perto. O que demostra que non viven alleos ós cambios que se están a producir na nosa sociedade.

No acto de presentación da revista contouse co autor do limiar Francisco Fernández Rei, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que nos falou sobre os novos falantes do galego procedentes doutros países e as múltiples traducións que fan ó xaponés, ou o ruso, entre outros idiomas, da nosa literatura. Tamén estivo presente a pintora autora da portada e contraportada Emérita Méndez. E finalizamos o acto, despendindo ó coordinador Xabier Camba, ó que agradecemos o seu gran traballo durante estes case vinte anos á fronte desta coordinadora comarcal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario