A Coordinadora de Equipos de Dinamización da Lingua Galega do Salnés convocou un ano máis o seu concurso de adhesivos, en concreto trátase da XXI CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN
Este ano o tema eran as nosas variedades dialectais, na reinvidicación de "así falamos nós"
A participación foi moi grande no noso intituto e os resultados foron moi positivos, como podemos observar nas fotos da exposición dos traballos participantes.
O noso centro resultou gañador porque foi o que obtivo máis alumnos premiados, de aí que esteamos a realizar exposición de premiados e finalistas.
LUCÍA PÉREZ obtivo o primeiro premio, na categoría de bacharelato, co seu "Ghaiteiro" e ANA OTERO acadou o segundo premio, na mesma categoría, coa súa "Ghoma"
Con estes traballos tentamos eliminar os fortes prexuízos que afectan ás nosas variedades dialectais, sobre todo, á gheada e ó seseo. E reinvindicar o orgullo de termos unhas variedades dialectais que nos identifican como son o "Cantín" e "Mirín"
Ningún comentario:
Publicar un comentario