No Día Internacional da Narración Oral estará connosco Paula Carballeira



Mañá 26 de marzo é o Día Internacional da Narración Oral e como feliz coincidencia contaremos no noso centro coa contacontos Paula Carballeira.

Paula que posúe un dos oficios máis bonitos, que como sabedes é percorrer o mundo vivindo do conto, conta asemade cun currículo moito máis extenso. É ademais escritora e actriz. Como escritora destaca sobre todo na narrativa infantil e xuvenil, con obras como: "A percura", "Mateo", "Smara", "Paco", "O principio". Tamén é autora teatral, con  pezas como: "Alicia & Alicia", "Boas noites" e "O refugallo", con estas dúas últimas obras acadou o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2006 e 2011 respectivamente. E como poeta ten dous poemarios: "Contatrás" e "Contatrás, II-I".Pero, se cadra, moitos de vós enseguida a recoñeceredes polos seus traballos como actriz nas series da TVG: "Pepe, O Inglés" e "Libro de Familia", onde desenvolvía o papel de Carmiña. 

Daquela, mañá estará connosco para facernos pasar moito medo cos seus Contos de medo, e a continuación realizará a entrega dos premios do Concurso de adhesivos 2014-15 (XXI Certame gráfico pola normalización lingüística), organizado pola Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística dos centros de secundaria do Salnés, que este ano tivo como tema: "Así falamos nós. As nosas variantes lingüísticas dialectais" e no cal o noso centro colleitou o maior número de alumnado gañador. Lucía Pérez Ana Otero na categoría de bacharelato.

Aí vos queda un avance do seu bo quefacer para ir abrindo boca.





Ningún comentario:

Publicar un comentario