CRÓNICA DUN XUÍZO POR TENTATIVA DE HOMICIDIO.
Imos facer a crónica dun xuízo que se celebrou o día 10 de febreiro de 2015, onde se xulgaba por un
intento de homicidio realizado o día 9 de novembro de 2011, producido
baixo os efectos das drogas, a un acusado chamado José Luis e a vítima chamábase Roberto.
O acusado, tras narrar os feitos desa noite, declarou que a vítima
o recolleu na súa casa e foron a un domicilio dunha terceira persoa a consumir drogas,
logo o vítima deixou o acusado na súa casa polo que se declara
inocente.
Mentres que a vítima declara que ese mesmo día recolleu o
acusado na súa casa, e foron ao domicilio, citado antes, a consumir
droga. De volta ás súas casas fixeron unha parada, onde di que o acusado lle
disparou.
Logo declararon as testemuñas: os gardas civís dicían que
a vítima chegou ó cuartel con feridas de bala e restos de sangue.
Despois Solla, o pai do acusado, e mais un veciño, declararon que o
acusado e mais a vítima se coñecían de toda a vida. A seguir, o dono da
casa dixo que Roberto aquel día si entrara no domicilio e consumira
drogas. Por último, a moza de Jose Luis narrou sucintamente a
relación e a vida que levaba co acusado.
No xuízo déronse varias incongruencias. En primeiro lugar, que o
acusado e mais a vítima se coñecían de toda a vida, mentres que a
vítima dicía que se coñecían dende había un mes. En segundo
lugar, o acusado e mais o dono do domicilio no que estiveron aseguraban que Roberto
consumira drogas, mentres que este negaba os feitos. Tamén cabe
mencionar que a vítima aseguraba non posuír drogas, pero a Garda
Civil atopoulle un gramo de cocaína no seu vehículo. Por último,
existen incongruencias xerais en todas as declaracións debido a
falta de probas e o paso do tempo.
O xuízo quedou visto para sentenza.
Nun xuízo podemos observar os seguintes actores: un xuíz, é o
que se encarga de ditar sentenza; o secretario xudicial, é o que
recolle todo o que sucede no xuízo; o fiscal, que son os que
defenden a legalidade no nome da sociedade; o avogado defensor, que
se encarga de defender ó acusado. Os procuradores, representan os
cidadáns ante a xustiza. O demandante, é o que inicia unha acción
xudicial para solicitar algo ao que cre ter dereito. O demandado,
aquel ao que se lle pide algo por vía xudicial. O acusado, aquela
persoa a través da cal a Administración de Xustiza actúa por medio
do Ministerio Fiscal por delictos e faltas. A Acción Popular, son os
determinados grupos de persoas que actúan cun avogado como
acusadores, en en defensa dos intereses colectivos. A testemuña, é
alguén que di o que viu ou o que coñece dun determinado asunto que
se está a xulgar. O perito, é a testemuña especializada. O xurado,
que é un tribunal constituído por 9 cidadáns selecionados polas
partes que ditamina a culpabilidade ou nun proceso penal. Outros
elementos son o veredicto, que é a decisión final e por último a
sentenza, que é a pena que impoñen os xuíces.
VALORACIÓN PERSOAL.
En canto á resolución do xuízo consideramos que o acusado é
inocente polas continuas contradicións da vítima na reconstrución
dos feitos. Por outra parte, a visita a este xuízo foi unha
experiencia nova na cal podemos observar como está a xustiza hoxe en
día, e como xulgan as persoas por igual. Consideramos que a visita á
Audiencia Provincial de Pontevedra para presenciar un xuízo real foi
para nós moi instrutivo e interesante, especialmente pensando nas
persoas que están interesadas na carreira de dereito. Puidemos
coñecer o funcionamento destes procesos e as persoas que nel
interveñen. Ademais, tivemos a oportunidade de falar
directamente cos “maxistrados” (xuíces), o fiscal e o
“letrado” (avogado), que atenderon as nosas preguntas.
Adrían Rosal, Isabel Uzal e Roberto Fernández. (2º de bacharelato C)
Ningún comentario:
Publicar un comentario