Entroido na pandemia


A comunidade escolar do IES de Vilalonga celebrou o Entroido. 

Este curso non nos cansamos de dicir que é diferente, estamos 

confinados, limitados e asustados, por iso mesmo decidimos 

disfrazarnos. Celebrar estas datas, cambiar un pouco esta 

atmosfera opresiva que nos envolve. O venres 12 calquera podía

disfrazarse, a ser posible de personaxe histórico.

Respectouse o horario habitual e déronse as clases, pero os 

diferentes atavíos achegaron unha nota de cor. 


Entre  todos/as conseguimos que houbera un 

ambiente  festivo, non está mal coa que está 

caendo.  O profesorado participou meténdose na 

pel de distintos antepasados ilustres. Arriba Lidia 

era Rosalía de Castro. Á dereita Minia converteuse

 en Amelia Earhart e Inés en Frida Kalo.
 

Á esquerda Miguel en Shakespeare.

Tamén estiveron Quevedo, Valle Inclán, o clero, a realeza, 

representantes da moda: Coco Chanel, etc.

O alumnado tamén participou mandando fotos disfrazados 

ao correo da biblioteca-EDLG para o concurso que 

se convocara on-line.

 

 O día 12 moitos alumnos/as viñeron disfrazados.

Algúns trouxeron atavíos moi elaborados froito

do seu traballo, outros botáronlle imaxinación e 

con catro aderezos compuxeron vestimentas 

sorprendentes. Todos/as encheron de ledicia a

mañá do venres para non esquecer que a vida 

segue e precisamos gozala.

 

 

     Viva o Entroido rapaces, voltaremos á normalidade!! 

 


Tamén expuxemos no corredor do edificio 1 unha mostra do entroidos tradicionais que se celebran en diferentes lugares de Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario