O 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro con motivo do aniversario do seu nacemento. O IES de Vilalonga súmase a esta celebración cunha pequena exposición dos seus libros, un retrato feito polo Departamento de Plástica e a exposición do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que conmemorou un ano máis o Día de Rosalía de Castro.
Os obxectivos foron visibilizar esta data tan importante para as letras galegas, dar a coñecer ou recordar a nosa poeta máis insigne e ter presente sempre no centro aos autores e a súa obra.
Aquí vos deixamos parte dun dos seus poemas máis fermosos, símbolo da ánima galega, achegádevoa a súa obra.
Adios, ríos; adios, fontes;
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar...
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar...
Ningún comentario:
Publicar un comentario