Amosando publicacións coa etiqueta Comunidade Educativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunidade Educativa. Amosar todas as publicacións

Día Internacional da Muller

 

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Trátase dunha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres. O obxectivo é sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero. Así, reclámase a redución das desigualdades de xénero. Neste sentido, no 8M tamén se lembra que as violencias contras as mulleres, en especial a violencia de xénero e a violencia sexual, son a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais. (Ministerio de Igualdade)

O IES de Vilalonga participou na visibilización e reclamación dos dereitos de todas as mulleres, con tal motivo fixéronse distintas actividades:

- Lectura de parte do manifesto:


- Unha exposición organizada polas profesoras de Lingua galega: Ana Belén Vázquez Pardal e Victoria Villar Mosquera co seu alumnado de 2º de ESO. O tema elixido é "Mulleres traballadoras de aquí". Ademais de escoller, fotografar, expoñer... o alumnado fixo unha exposición oral do seu traballo.



- A profesora de Lingua e Literatura Castelá Pepa Espinosa traballou co seu alumnado da materia de oratoria. En 3º de ESO o tema elixido foi "Mulleres máis importantes da súa vida" e en 4º de ESO "A publicidade e a muller" que incluía un vídeo proxectado na pantalla da entrada do instituto.

A profesora Enza Sansone de Igualdade e inglés traballou co alumnado de valores de 3º da ESO nunha exposición sobre "Mulleres importantes da historia".


- A biblioteca tamén colaborou con reclamación de dereitos e exposición de libros de temática feminista.

- O alumnado de 1º de bacharelato gozou dunha mesa redonda con mulleres  do Concello de Sanxenxo que na actualidade traballan en distintos sectores da ciencia e a investigación.

Biblioteca do IES de Vilalonga

 



Durante os recreos a biblioteca do noso centro está chea de vida, o alumnado: estudia, consulta nos ordenadores, imprimen apuntes e traballos, fan deberes, encóntrase, piden libros en préstamo e devolven os que levaron, reúnense os clubs de lectura, fan traballos de grupo...

Anímate e visita a túa biblioteca!!

Entroido na pandemia


A comunidade escolar do IES de Vilalonga celebrou o Entroido. 

Este curso non nos cansamos de dicir que é diferente, estamos 

confinados, limitados e asustados, por iso mesmo decidimos 

disfrazarnos. Celebrar estas datas, cambiar un pouco esta 

atmosfera opresiva que nos envolve. O venres 12 calquera podía

disfrazarse, a ser posible de personaxe histórico.

Respectouse o horario habitual e déronse as clases, pero os 

diferentes atavíos achegaron unha nota de cor. 


Entre  todos/as conseguimos que houbera un 

ambiente  festivo, non está mal coa que está 

caendo.  O profesorado participou meténdose na 

pel de distintos antepasados ilustres. Arriba Lidia 

era Rosalía de Castro. Á dereita Minia converteuse

 en Amelia Earhart e Inés en Frida Kalo.
 

Á esquerda Miguel en Shakespeare.

Tamén estiveron Quevedo, Valle Inclán, o clero, a realeza, 

representantes da moda: Coco Chanel, etc.

O alumnado tamén participou mandando fotos disfrazados 

ao correo da biblioteca-EDLG para o concurso que 

se convocara on-line.

 

 O día 12 moitos alumnos/as viñeron disfrazados.

Algúns trouxeron atavíos moi elaborados froito

do seu traballo, outros botáronlle imaxinación e 

con catro aderezos compuxeron vestimentas 

sorprendentes. Todos/as encheron de ledicia a

mañá do venres para non esquecer que a vida 

segue e precisamos gozala.

 

 

     Viva o Entroido rapaces, voltaremos á normalidade!! 

 


Tamén expuxemos no corredor do edificio 1 unha mostra do entroidos tradicionais que se celebran en diferentes lugares de Galicia.


Día Internacional Contra o Maltrato

 O 25 de novembro é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a biblioteca e o EDLG xunto con toda a comunidade educativa do IES de Vilalonga quixemos visibilizar esta data e manifestar a nosa repulsa contra os feitos deste tipo. Fixemos distintas actividades:

a) Puxemos na entrada unha pancarta:


b) A profesora Ana Belén Vázquez Pardal do Departamento de Lingua Galega e coordinadora do EDLG fixo un audiolibro co seu alumnado, na parte técnica axudoulle a profesora de Lingua Castelá Fátima Barreiro. Preme nesta ligazón para escoitalo:

Con el esperamos animar a coñecer, ler e escoitar unha historia na que moitas rapazas e mulleres se poden ver identificadas, das que todas as persoas podemos aprender algo, facernos máis conscientes dunha realidade que nos rodea e contra a que temos que reaccionar.

 Participaron na elaboración deste audiolibro do relato de María Reimóndez: A esencia da cidade, os seguintes membros da comunidade escolar do IES de Vilalonga.  

 

Alexia González Simes1º BACH C

Ana B. Vázquez Pardal Lingua galega e literatura

Andrea Dovalo Méndez 3º B

Arturo Juíz Río Matemáticas

Daniela NoresLópez 3º A

Iago Alonso Barriga 1º BACH C

Jennifer Lamelas Barreiro3º A

Laura González Castro 3º B

Lidia Fernández Lingua galega e literatura

Marcos Chaves Montenegro Xeografía e historia

Mario SantisoFerreirós 1º BACH C

Martín Agraso Otero 3º A

Martín Ameneiro Cacabelos 3º A

Martina Afonso Torres ESA

Miguel Anxo Rodríguez Pena Lingua galega e literatura

Nicolás Fontán Piñeiro 3º B

Nicolás Soutullo Vidal 3º A

Patricia Díaz González Xeografía e historia

Sara Piñeiro Vizoso 3º B

Vicki Villar Mosquera Lingua galega e literatura

c) Participamos no concurso da Secretaría Xeral de Igualdade e Secretaría Xeral de Educación da Xunta de Galicia  "Lemas contra a violencia de xénero". Participou o alumnado de 2º de bacharelato e 4º da ESO. Os gañadores foron:


1º.-Noelia Dopazo Arosa. 

2º.- Daniel Daporta Otero.


3º.- Andrea Ara Solla.

Fixemos carteis con eles, plastificámolos e colgámolos nos tres edificios.

 
 
d) Os últimos 15 minutos da cuarta hora da mañá, ás doce menos cinco en todas as aulas os profesores falaron sobre a violencia de xénero e lemos poemas de temas relacionados coa mesma.

 

 

 

e) A biblioteca preparou unha exposición de libros relacionados coa loita pola Igualdade e o recoñecemento do traballo e o valor das mulleres. Hai dous cursos que inauguramos a nova sección de Feminismo e Igualdade, alí colocamos os materiais relativos a estas temáticas. Aproveitamos para mostralos e incentivar o seu uso.



 

 

 

 

 

f) Exhibimos  na biblioteca, orgullosos, os nosos premios dos concursos de Igualdade destes cursos pasados. A profesora de Xeografía e Historia Patricia Díaz impartiu os últimos cursos a materia de Igualdade e participaba con frecuencia, co seu alumnado, en diferentes concursos, cun notable éxito.

 

 

 g) O martes 24 de novembro, ás 10:00h, a profesora Patricia Díaz, con dous representantes do alumnado premiado pola Secretaría Xeral de Igualdade en edicións anteriores no certame do 25N, na modalidade de vídeos, Lorena Míguez (4ºESO) e Héctor M. Vidal (3º ESO), van participar nunha xuntanza virtual con outros centros premiados en cursos anteriores, evento ao que foron convidados pola Secretaría Xeral de Igualdade como recoñecemento polo seu traballo nos cursos anteriores.

 

h) Proxectamos na pantalla da entrada do Intituto o vídeo que fixemos con motivo do Día da Muller, como mostra do traballo feminino que sempre estivo e segue estando.

Este curso non puidemos concentrarnos, como en cursos anteriores, para manifestar a nosa repulsa por feitos tan inxustos e inhumanos, porén non pasou desapercibida esta data, para o próximo curso volveremos a xuntarnos.