O 25 de novembro é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a biblioteca e o EDLG xunto con toda a comunidade educativa do IES de Vilalonga quixemos visibilizar esta data e manifestar a nosa repulsa contra os feitos deste tipo. Fixemos distintas actividades:
a) Puxemos na entrada unha pancarta:
Con el esperamos animar a coñecer, ler e escoitar unha historia na que moitas rapazas e mulleres se poden ver identificadas, das que todas as persoas podemos aprender algo, facernos máis conscientes dunha realidade que nos rodea e contra a que temos que reaccionar.
Participaron na elaboración deste audiolibro do relato de María Reimóndez: A esencia da cidade, os seguintes membros da comunidade escolar do IES de Vilalonga.
Alexia González Simes1º BACH C
Ana B. Vázquez Pardal Lingua galega e literatura
Andrea Dovalo Méndez 3º B
Arturo Juíz Río Matemáticas
Daniela NoresLópez 3º A
Iago Alonso Barriga 1º BACH C
Jennifer Lamelas Barreiro3º A
Laura González Castro 3º B
Lidia Fernández Lingua galega e literatura
Marcos Chaves Montenegro Xeografía e historia
Mario SantisoFerreirós 1º BACH C
Martín Agraso Otero 3º A
Martín Ameneiro Cacabelos 3º A
Martina Afonso Torres ESA
Miguel Anxo Rodríguez Pena Lingua galega e literatura
Nicolás Fontán Piñeiro 3º B
Nicolás Soutullo Vidal 3º A
Patricia Díaz González Xeografía e historia
Sara Piñeiro Vizoso 3º B
Vicki Villar Mosquera Lingua galega e literatura
c) Participamos no concurso da Secretaría Xeral de Igualdade e Secretaría Xeral de Educación da Xunta de Galicia "Lemas contra a violencia de xénero". Participou o alumnado de 2º de bacharelato e 4º da ESO. Os gañadores foron:
3º.- Andrea Ara Solla.
Fixemos carteis con eles, plastificámolos e colgámolos nos tres edificios.
e) A biblioteca preparou unha exposición de libros relacionados coa loita pola Igualdade e o recoñecemento do traballo e o valor das mulleres. Hai dous cursos que inauguramos a nova sección de Feminismo e Igualdade, alí colocamos os materiais relativos a estas temáticas. Aproveitamos para mostralos e incentivar o seu uso.
f) Exhibimos na biblioteca, orgullosos, os nosos premios dos concursos de Igualdade destes cursos pasados. A profesora de Xeografía e Historia Patricia Díaz impartiu os últimos cursos a materia de Igualdade e participaba con frecuencia, co seu alumnado, en diferentes concursos, cun notable éxito.
g) O martes 24 de novembro, ás 10:00h, a profesora Patricia Díaz, con dous representantes do alumnado premiado pola Secretaría Xeral de Igualdade en edicións anteriores no certame do 25N, na modalidade de vídeos, Lorena Míguez (4ºESO) e Héctor M. Vidal (3º ESO), van participar nunha xuntanza virtual con outros centros premiados en cursos anteriores, evento ao que foron convidados pola Secretaría Xeral de Igualdade como recoñecemento polo seu traballo nos cursos anteriores.
Este curso non puidemos concentrarnos, como en cursos anteriores, para manifestar a nosa repulsa por feitos tan inxustos e inhumanos, porén non pasou desapercibida esta data, para o próximo curso volveremos a xuntarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario