O historietista Javier de Isusi foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2020 pola súa obra A divina comedia de Óscar Wilde.
Este cómic editado pola editorial Astiberri en 2019 ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2019.
Ademais, o xurado premiou a obra de Isusi (Bilbao, 1972) por ter unha "introdución e final que evocan a representación do teatro da vida, e unha brillante caracterización dos personaxes mediante o acertado recurso de entrevistas individuais".
Na divina comedia de Óscar Wilde o autor transforma a admiración e xenerosidade que profesa ao escritor irlandés nun cómic onde fabula sobre os seus últimos anos de vida.
O xurado destacou ademais "o excelente dominio da acuarela de tinta sepia, con sutís transparencias e diferentes planos de profundidade marcados polo virtuosismo no emprego tonal dunha mesma gama cromática".
Javier de Isusi estudou arquitectura nas escolas de San Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu unha viaxe que lle levou durante un ano para percorrer boa parte de Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo facer: contar historias en viñetas.
Book trailer incluido no artigo do periodista Jesús Jiménez sobre a obra premiada. RTVE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario