Amosando publicacións coa etiqueta Premio Nacional das de cómic 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio Nacional das de cómic 2020. Amosar todas as publicacións

Premio Nacional de cómic 2020

 

O  historietista Javier de  Isusi foi galardoado co Premio Nacional de Cómic 2020 pola súa obra A divina comedia de Óscar  Wilde.

Este cómic editado pola editorial Astiberri en 2019 ten como obxecto distinguir a mellor obra desta especialidade publicada en calquera das linguas do Estado durante o ano 2019.

Ademais, o xurado premiou a obra de  Isusi (Bilbao, 1972) por ter unha "introdución e final que evocan a representación do teatro da vida, e unha brillante caracterización dos personaxes mediante o acertado recurso de entrevistas individuais".

Na divina comedia de Óscar  Wilde o autor transforma a admiración e xenerosidade que profesa ao escritor irlandés nun cómic onde  fabula sobre os seus últimos anos de vida.

O xurado destacou ademais "o excelente dominio da acuarela de tinta  sepia, con sutís transparencias e diferentes planos de profundidade marcados polo virtuosismo no emprego  tonal dunha mesma gama cromática".

Javier de  Isusi estudou arquitectura nas escolas de San Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu unha viaxe que lle levou durante un ano para percorrer boa parte de Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo facer: contar historias en viñetas.

                Book trailer incluido no artigo do periodista Jesús Jiménez sobre a obra premiada. RTVE.