O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Trátase dunha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres. O obxectivo é sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero. Así, reclámase a redución das desigualdades de xénero. Neste sentido, no 8M tamén se lembra que as violencias contras as mulleres, en especial a violencia de xénero e a violencia sexual, son a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais. (Ministerio de Igualdade)
O IES de Vilalonga participou na visibilización e reclamación dos dereitos de todas as mulleres, con tal motivo fixéronse distintas actividades:
- Lectura de parte do manifesto:
- Unha exposición organizada polas profesoras de Lingua galega: Ana Belén Vázquez Pardal e Victoria Villar Mosquera co seu alumnado de 2º de ESO. O tema elixido é "Mulleres traballadoras de aquí". Ademais de escoller, fotografar, expoñer... o alumnado fixo unha exposición oral do seu traballo.
- A profesora de Lingua e Literatura Castelá Pepa Espinosa traballou co seu alumnado da materia de oratoria. En 3º de ESO o tema elixido foi "Mulleres máis importantes da súa vida" e en 4º de ESO "A publicidade e a muller" que incluía un vídeo proxectado na pantalla da entrada do instituto.
- A profesora Enza Sansone de Igualdade e inglés traballou co alumnado de valores de 3º da ESO nunha exposición sobre "Mulleres importantes da historia".
- O alumnado de 1º de bacharelato gozou dunha mesa redonda con mulleres do Concello de Sanxenxo que na actualidade traballan en distintos sectores da ciencia e a investigación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario