“ Que non le, aos 70 anos viviría só unha vida. Quen le viviría 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás” |
O 19 de febreiro deste 2016 deixounos Umberto Eco; imos facer nesta páxina unha breve reseña biográfica e deixar uns enlaces para que te informes polo miudo doutros aspectos da súa interesante vida:
Escritor e profesor universitario italiano mundialmente coñecido pola súa novela O nome da rosa. Eco naceu en Turín o 5 de xaneiro de 1932. Despois de estudar na universidade desa cidade, traballou para a RAI (Radio Audizione Italiana) desde 1954 ata 1959, e foi profesor de estética en Turín entre 1956 e 1964. Máis tarde, deu clases na Universidade de Milán durante dous anos, antes de converterse en profesor de comunicación visual en Florencia en 1966. Durante eses anos publicou os seus importantes estudos Obra Aberta (1962) e A estrutura ausente (1968). Entre os anos 1969 e 1971 deu clases na Universidade Politécnica de Milán, e en 1971 pasou a ser profesor de semiótica en Bolonia. Ao mesmo tempo que os seus traballos teóricos sobre a análise dos signos e os significados influíu e creou escola en círculos académicos.
Eco fíxose popular a través de dúas novelas, O nome da rosa (1981) unha historia detectivesca que se desenvolve nun mosteiro no ano 1327, e O péndulo de Foucault (1988), unha fantasía acerca dunha conspiración secreta de sabios. Ambas as novelas baséanse nos amplos coñecementos que Eco foi adquirindo sobre filosofía e literatura. O nome de la Rosa foi adaptada para o cinema (1986) polo director francés Jean-Jacques Annaud. En 1995 publicou A illa do día de antes. ( Fonte: El Poder de la Palabra )
En maio de 2000 foi galardoado co premio Principe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
As reflexións que fixo sobre os seguintes temas son eternas e están plenamente vixentes; paga a pena deternos un pouco a pensar sobre o seu significado:
En maio de 2000 foi galardoado co premio Principe de Asturias de Comunicación e Humanidades.
As reflexións que fixo sobre os seguintes temas son eternas e están plenamente vixentes; paga a pena deternos un pouco a pensar sobre o seu significado:
Sobre os posuidores da verdade:
Teme aos profetas e a aqueles que están listos para morrer pola verdade, xa que como regra xeral fan morrer a moitos outros con eles, frecuentemente antes ca eles, e ás veces en lugar deles.
Sobre a corrupción:
Hoxe, cando afloran os nomes de corruptos ou defraudadores e se sabe máis, á xente non lle importa nada e só van ao cárcere os ladróns de galiñas albanesas.
Sobre os pais:
Creo que aquilo no que nos convertemos depende do que os nosos pais nos ensinaron en pequenos momentos, cando non están a tentar ensinarnos. Estamos feitos de pequenos fragmentos de sabedoría. O péndulo de Foucault.
Sobre a internet:
As redes sociais danlle o dereito de falar a lexións de idiotas que antes falaban só no bar despois dun vaso de viño, sen danar á comunidade. Entón eran rapidamente silenciados, pero agora teñen o mesmo dereito a falar que un Premio Nobel. É a invasión dos imbéciles.
Sobre Deus:
Cando os homes deixan de crer en Deus, non quere dicir que cren en nada: cren en todo.
Sobre os libros.
Os libros non están feitos para que un crea neles, senón para ser sometidos a investigación. Cando consideramos un libro, non debemos preguntarnos que di, senón que significa.
Sobre o xornalismo:
Non son as noticias as que fan o xornal, senón o xornal o que fai as noticias, e saber xuntar catro noticias distintas significa propoñerlle ao lector unha quinta.
Sobre a poesía :
Todos os poetas escriben mala poesía. Os malos poetas publícana, os bos poetas quéimana.
Sobre o amor:
O amor é máis sabio que a sabedoría.
Sobre o medo:
Nada dá a un home medorento máis coraxe que o medo dos demais.
Sobre os viláns:
Os monstros existen porque son parte dun plan divino e nas horribles características deses monstros revélase o poder do creador.
Sobre os heroes:
O verdadeiro heroe é heroe por erro. Soña con ser un covarde honesto como todo o mundo.
( Fonte: Elventano )
Non deixes de ler a súa biografía máis polo miúdo na páxina seguinte: Biografías y vidas
e os artigos publicados en El País . Son de especial interés, tamén en El País, os seguintes:
Muere Umberto Eco, el sabio que llegó al público, Umberto Eco, eterno y lúcido zarpazo,
Muere Umberto Eco, el sabio que llegó al público,