O
pasado mércores 29 de maio as alumnas e alumnos de relixión de 2º e 3º da ESO
viaxaron a Betanzos para coñecer esta vila histórica, pasamos un día de aprendizaxe
e lecer.
Un
guía betanceiro levounos polas rúas antigas ata chegar ás igrexas de San
Francisco de Santa María de
Azougue. Na primeira ademais das explicacións de Julián escoitamos a Enrique
Lista, franciscano, que nos contou como funcionaba o espazo solidario "Familia
aberta" para persoas que viven en soidade e precisan atoparse. Unha desas
persoas contounos a súa experiencia alí.
Logo visitamos Santa María de Azougue onde Julián nos preparou unha busca de "tesouros" medievais que se atopan nesta igrexa. Xa había fame. Marchamos a comer e a descansar a beira do río. Despois paseamos a beira do río e rematamos na praza tomando xeados, repoñendo forzas antes de voler a Vilalonga. Organizou a excursión a profesora de relixión Ana González e acompañárona os profesores Adrián Nespral Valle, Juan Ventoso, Rafael Arines e Carmen Sayáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario