Barrio do Oeste. Salamanca 2014. Alumnado dos centros de Vilalonga e Tui. |
O 13, 14 e 15 de novembro viaxamos a Salamanca co alumnado de 3º e 4º
de diversificación e o club de lectura de 3º de ESO. Nesta actividade do
grupo ENREDANDO VERSOS tamén participaban outros cinco centros de
Pontevedra: IES de Sanxenxo, IES de Poio, Porriño e Tui e un centro de
Portugal: Macedo dos Cavaleiros.
Alumnado de Vilalonga pintando no Barrio do Oeste |
Exemplo de Urban Knitting. |
Os seguintes días visitamos a biblioteca municipal G. Torrente Ballester e realizamos un obradoiro poético con Raúl Vacas e unha charla ornitolóxica con José Luis Moreno "Pájaros en la cabeza".
Fixemos un roteiro guiado por Salamanca e visitamos o Museo de Arte Contemporáneo. Pero, sen lugar a dúbidas, o que máis lle gustou ó noso alumnado foi a visita ó Barrio do Oeste en Salamanca, onde puidemos gozar da súa arte urbana pola rúa. Alí quedou a nosa pegada como podedes comprobar na foto. Puidemos tamén contemplar as numerosas invervencións urbanas de urban knitting e déronos a coñecer de cerca o seu intenso labor da súa asociación veciñal, Zoes. (Trátase non só de embelecer o barrio, senón tamén de dinamizalo con actividades culturais e deportivas.)
De volta á casa paramos en Tábara, onde realizamos a nosa particular homenaxe ó poeta León Felipe, co recitado dalgúns do seus poemas na Praza Maior. E visitamos a románica igrexa parroquial de Santa María, que foi levantada sobre o antigo mosteiro de San Salvador, que fora un scriptorium especializado na elaboración de códices iluminados, así durante o século X realizouse nel o códice coñecido como o Beato mozárabe de Tábara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario