Un ano máis o departamento de francés organiza unha viaxe a Paris para os alumnos de francés coa intención de achegar a realidade do país galo a estes mozos e mozas para que poidan descubrir e disfrutar unha das cidades máis visitadas do mundo.
Pasearán polas súas rúas entre os parisinos que seguen o seu ritmo diario e collerán con eles o metro e o RER, visitarán os seus museos, apreciarán a cidade dende o alto da Tour Eiffel, do Arco de Triunfo, da Tour Montparnasse e da colina de Montmartre, disfrutarán como nenos nos parques de Disney, percorrerán un tramo do Sena nun bateau mouche admirando os monumentos que bordean o río, miraranse nos espellos do Rei Sol no Palacio de Versalles e pasearán polos seus xardíns e unha chea de cousas máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario