Amosando publicacións coa etiqueta portugués. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta portugués. Amosar todas as publicacións

"O meu amigo Nietzsche"


Unha curta para comezar o curso con gañas de aprender e buscar na lectura o medio para superar calquera tipo de conformismo cunha realidade que nos pode ser adversa.

"E contra a dita a gente grita"



Para conmemorar o final dunha ditadura, o 25 de abril , e denunciar a existencia encuberta doutra.


Tema "E contra a dita a gente grita!", do album "A chave", de Rogério Charraz.
Letra e música: Rogério Charraz

Texto: Pedro Branco, interpretado por José Mário Branco.
Letra inspirada no poema "A dita dura", de José Carlos Vasconcelos.

Obradoiro de portugués

OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES.


É o nome do obradoiro sobre a lingua portuguesa, que impartiu no noso centro o pasado día 19 de decembro a profesora Noemí Pinheira ó alumnado de 3º da ESO.





Este obradoiro de cen minutos de duración pretende achegarlles ós rapaces as vantaxes que ten o coñecemento do galego para comprendermos facilmente a lingua portuguesa.

Cunha actividade sobre a canción de Adriana Calcanhoto rematou o obradoiro.



Pero a canción que houbo que escoitar e cantar, a petición do alumnado, foi a popular "Ai se eu te pego".



Déixovos aquí o enlace da parodia que lle fixeron os do programa de Tourilandia da TVG a esta canción:"Ai se me opero". Para irmos abrindo boca cara ó Entroido.